MÓDULOS DE PRP

As materias de Publicidade e Relacións Públicas encóntranse agrupadas por módulos, áreas e contidos afíns. En concreto, o plan estructúrase de acordo cos seguintes tres módulos, que conteñen toda a oferta de materias:

FUNDAMENTOS E CONTEXTO DA COMUNICACIÓN

Este módulo inclúe asignaturas básicas e relacionales do contexto comunicativo, relacionadas ca historia, economía, socioloxía, marketing e a deontoloxía, ca intención de que o alumnado adquira os fundamentos básicos e académicos necesarios para o exercicio profesional en cualquera dos  ámbitos da comunicación.

Coordinador: Daniel Martí

COMUNICACIÓN PUBLICITARIA

Neste módulo se concentran as materias relacionadas coa comunicación puramente publicitaria, relacionadas cos perfís de deseño e creatividade, por unha parte, e xestión publicitaria, por outra, e atendendo aos distintos soportes e medios presentes e futuros no proceso da comunicación publicitaria.

Coordinadora: Silvia García Mirón

RELACIÓNS PÚBLICAS, COMUNICACIÓN CORPORATIVA E INSTITUCIONAL

O terceiro módulo é específico de Relacións Públicas e contempla as duas variantes recoñecidas e máis demandadas na actualidade, como son a comunicación corporativa e a institucional, abarcando tanto a empresa privada, como a pública e o terceiro sector. Estas materias responden a modos e modelos de comunicación máis amplos cos contemplados na comunicación puramente publicitaria, e que teñen en conta o exercicio da comunicación persuasiva no seu sentido máis extenso, como son os responsables dos gabinetes de comunicación e relacións públicas, os directores de comunicación (DIRCOMs) e asesores de comunicación.

Coordinador: María Isabel Míguez González