FAQ

PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES NOS PROGRAMAS DE MOBILIDADE
Aquí podes atopar a solución ás dúbidas máis frecuentes. De calquera xeito, comproba sempre a convocatoria da bolsa que che interese, pois é a información oficial e a publica a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo ou o SIOPE no caso SICUE (https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade).
1. Cales son os requerimentos iniciais que se deben cumprir para gozar dunha bolsa Erasmus/Mobilidade?
Estar matriculado na Facultade de Comunicación tanto no curso académico no que se solicita a bolsa, como no que se realizará a estancia Erasmus/Mobilidade, e ter como mínimo 60 créditos ECTS aprobados (120 para as Bolsas Santander) e estar matriculado en 30 ECTS máis.
A Universidade de Vigo publicará unha Convocatoria para o estudantado de posgrao e máster específica.
2. Cando e como teño que solicitar a bolsa Erasmus/Mobilidade?
A solicitude para o próximo curso realizarase por Internet no seguinte enlace https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade e nas datas indicadas cando saia a convocatoria. Nin o Decanato, nin o Coordinador de Mobilidade teñen información previa de cando vai sair. Non vale de nada preguntar. Estate atento ao correo electrónico e a web antedita, así como á publicación de calquera bolsa adicional (MEC, Diputacións, Xunta de Galicia, Santander…) nas webs correspondentes. Deberá comprobarse na convocatoria ata cando estará aberto o período de solicitudes. Recoméndase non esperar ata o último día, pois a aplicación pódese colapsar.
3. Son un estudante estranxeiro. Teño dereito a unha bolsa Erasmus/Mobilidade?
Si, ademais dos estudantes españois, poderán ser beneficiarios da bolsa Erasmus os cidadáns dun estado membro da Unión Europea, ademais de Turquía, Croacia e Macedonia, e aqueles que estean en posesión dun permiso de residencia válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
4. Xa gocei dunha beca de mobilidade. Podo volver?
Durante o mesmo ciclo de estudos non se pode gozar de máis de 12 meses de bolsa Erasmus nas diferentes modalidades (estudos e prácticas). Por exemplo: un estudante de Grao que gozou dunha bolsa Erasmus prácticas de 6 meses só poderá solicitar unha bolsa de Erasmus estudios por un período máximo de 6 meses durante o Grao. Se queres volver a repetir a experiencia de mobilidade máis aló dos 12 meses terías que solicitar outro tipo de mobilidade diferente ao que xa tiveches.
Un mesmo estudante pode solicitar a mobilidade SICUE por segunda vez, sempre e cando sexa nunha Universidade de destino distinta a onde realizou o primeiro intercambio e en distinto ano académico. Terán preferencia os alumnos que nunca disfrutaron de bolsa de mobilidade.
5. Como podo saber que destinos se ofrecen na miña titulación?
Os anexos da Resolución Reitoral especifican os destinos por centros coa duración da estadía. Na páxina web da Mobilidade indicada máis arriba tamén atoparás toda a información relativa ós destinos ofertados na túa titulación, e información maís específica nas webs respectivas de cada Universidade. O Coordinador Departamental non pode recomendar un destino por enriba de outros. A elección de destinos responde a criterios personais nos que non pode entrar. Ademais da información do destino que ofrece cada Universidade podes acudir a multitude de webs turísticas que poden facilitar a túa elección, entre elas podemos sinalar Lonely Planet (www.lonelyplanet.es)
6. Como se fai a selección?
A selección faina o Coordinador Departamental tendo en conta a nota media do expediente, o ter disfrutado dunha mobilidade anterior.
7. En que idioma se imparten as aulas na Universidade de destino?
Na Universidade de destino impártense aulas no idioma local. Asemade hai moitas universidades que sen ter como idioma materno o inglés imparten docencia en dito idioma. Esto debe consultarse na páxina web da universidade de destino así como os certificados de idiomas que precisen. Non ter a acreditación podería impedir a mobilidade.
8. Cal é o nivel das probas de idioma e cando se celebran?
As probas de idioma (inglés, francés, portugués e alemán) celébranse nas datas que estableza o Centro de Linguas da Uvigo (centrodelinguas@uvigo.es) e serán comunicadas vía mail a tódolos alumnos que solicitaron a beca Erasmus con posterioridade á solicitude.
9. Por canto tempo teño que ir?
O período de estadía pode ser dun semestre (1° ou 2°) ou do curso completo, se ben terán prioridade na adxudicación de prazas os estudantes que soliciten o curso completo. Ainda que a oferta da estadía sexa dun semestre se queres podes solicitar a extensión a un ano á Universidade de destino e ao teu coordinador na Uvigo; normalmente non hai problemas.
10. De cantas materias ou créditos debo matricularme como mínimo e máximo?
Alumnos a tempo completo: Para estancias dun semestre entre un mínimo de 24 ECTS e un máximo de 30 ECTS, para estancias de curso completo entre un mínimo de 48 ECTS e un máximo de 60 ECTS.
Alumnos a tempo parcial: Para estancias dun semestre entre un mínimo de 12 ECTS e un máximo de 24 ECTS, para estancias de curso completo entre un mínimo de 24 ECTS e un máximo de 48 ECTS.
Asemade, deberán incorporarse ao Contrato de Estudos (LA) materias dun curso completo e non as que van quedando dos cursos anteriores.
11. Teño que enviar algún documento á Universidade de destino? Cando?
Unha vez estean os resultados definitivos da selección publicados e saibas o teu destino, terás que enviar os documentos que solicite a Universidade de destino (solicitude de admisión -application form, Learning Agreement, copia do pasaporte, etc.). Entre a información que che piden está o código Erasmus da Universidade de Vigo, que é E VIGO01. Terás que consultar na súa páxina web de qué documentos se trata, e ter en conta o prazo para envialos. Se non os envías dentro do seu prazo, pode supoñer que non te acepten como estudante de mobilidade. En calquera caso deben estar enviados antes do 30 de maio, se non antes polo plazo de destino.
12. Que é un Learning Agreement (LA), Acordo de estudos, Contrato de estudos?
É o Contrato de Estudos (que o alumno deberá levar asinado á universidade de destino cando se incorpore a ela) no que se indican as materias que se cursarán na Universidade de destino e as materias que se van recoñecer na Universidade de Vigo. Para a súa realización sigue as instruccións que che darán dende a ORI. Unha vez feito o Contrato na Secretaría Virtual da Uvigo (SEIX), solicitas a súa aceptación premendo no botón correspondente. O Coordinador Departamental estudará a túa proposta e darache máis instruccións de ser necesario. Deste modo xérase o LA BEFORE (contrato de estudos antes da mobilidade).
Asegura ter o teu mail da Uvigo (@alumnos.uvigo.es) no SEIX para que apareza o teu LA. Para modificalo, sigue estas instruccións:
– Entrar na Secretaria Virtual (https://secretaria.uvigo.gal)/
– Pinchar en ‘A MIÑA CONTA’
– Pinchar en ‘Modificar’ e cambiala
De non ter os códigos das materias de destino debes usar a secuencia de números naturais empezando polo 1. Cando chegues ao destino daranche os códigos definitivos.
Todo esto debe facerse antes do 30 de maio, se non antes por requisitos de destino (compróbao).
É probable que teñas que cambiar por distintos motivos (cambios na oferta de destino, horarios…) as materias elexidas nun principio. A partir do comezo de cada semestre, durante 30 días, podes facer unha (1) modificación no contrato de estudos (LA BEFORE) para reflexar as materias que de feito cursarás nese semestre; esta modificación poderá facerse como moi tarde ate o 15 de novembro (no caso do primeiro semestre) e o 15 de marzo (no caso do segundo semestre).
A modificación do LA BEFORE solicítase por email ao Coordinador Departamental (cscinternacional@uvigo.es), que abrirá de novo o contrato para que poidas facer a modificación na Secretaría Virtual da Uvigo (SEIX), xerándose automáticamente o LA DURING (contrato de estudos durante a mobilidade) que recolle as materias eliminadas e engadidas ao LA anterior. O Coordinador Departamental autorizará, se procede, a modificación e darache máis instrucións. Conserva sempre unha copia dos teus documentos.
Como se pode facer unha modificación o LA por semestre como máximo, o estudante pode acabar con 3 LAs: un LA BEFORE e dous LA DURING, non máis.
MOI IMPORTANTE! Debes comunicar á Secretaría do centro a túa condición de alumno de mobilidade co contrato de estudos (LA), e con calquera cambio ao mesmo, que dará trámite, no seu caso, aos correspondentes cambios na matrícula. Asegura que esteas ben matriculado, como alumno de intercambio e non con matrícula ordinaria, se non o estiveses non se poderá facer a convalidación. Hai 15 días despois da variación do contrato (só poderá modificarse durante o primeiro mes do inicio do cuadrimestre en destino) para solicitar a modificación da matrícula e EN TODO CASO ANTES DO PECHE DAS ACTAS DA UVIGO. Se fas o LA despois da matrícula (só debería ser por mobilidade no 2S) ou modificas materias Uvigo no LA, contacta á Secretaria para que consten “de intercambio”, ou non se convalidarán.
13. Como se fai o recoñecemento dos créditos cursados na Universidade de destino?
Ao finalizar a estancia, a Universidade de destino enviará as cualificacións, expediente (Transcript of Records -ToR), normalmente non antes de setembro. O Coordinador Departamental, seguindo as instrucións da Comisión Europea no “ECTS User’s Guide”, fará o recoñecemento de créditos en bloque ou materia por materia segundo o acordado entre o alumno e o coordinador tendo en conta o contrato de estudos (LA) e enviarache un correo electrónico para informar que o trámite foi feito e te podas matricular no curso seguinte ou pedir o título.
As calificacións da Uvigo no ECTS grading system son F:0-4,9 E:5,0-5,5 D:5,6-5,9 C:6,0-6,9 B:7,0-8,9 A:9,0-10.
14. Que materias deben figurar no contrato de estudos (LA)?
O estudante só poderá escoller as materias do curso que estaría a facer nese ano académico ou posteriores. Non se pode incluír as materias suspensas ou non presentadas de anos anteriores.
Respecto ás materias de destino, temos en conta que a equivalencia coas da Uvigo pode ser moi complicada, o requisito mínimo e que estean dentro da “área de coñecemento” podendo ser de distinos anos, Graos ou Facultades (consultao tamén coa Universidade de destino). Plantexa a tua proposta no LA do SEIX para que o coordinador poda estudialo. Ten en conta que no programa Erasmus non debes ligar materias de Uvigo coas de destino. Pola contra, no programa SICUE si é necesario ligar as materias pois os programas de estudos dentro de España son máis semellantes.
As Prácticas Externas e o TFG soamente son convalidables se os ofrece a Universidade de destino no seu programa cunha carga ECTS semellante, que non é habitual -COMPRÓBAO.
Se non podes meter o TFG no LA terás que facelo “a distancia”. Fala co teu coordinador de TFG para informarlle do teu caso.
O Obradoiro de Prácticas Profesionais é convalidable por materias ordinarias.
Facer unha estancia de mobilidade en 4º ano non é a mellor das ideas xa que podes precisar do título para facer un Máster ou para un contrato de traballo e a convalidación depende de cando envían o ToR as Universidades de destino, e non adoita ser antes de setembro. Se prevés que podes estar nesta situación, non vaias de mobilidade en 4º.
ALUMNOS DE PUBLICIDADE: Se fuches de mobilidade en 3º ano, fixeches a preinscripción nas materias optativas de 4º ano e cando hai asignación de materias (xullo) o teu ToR non chegou contacta directamente coa coordinación do teu Grao comentando a situación.
En canto as materias que se poden elexir na Universidade de destino, é a Universidade de destino quen as oferta. Se non as atopas pídelles información por email. Non teñen porque corresponder ao curso que estás a facer aquí, nin siquera do mismo grao que estudas aquí. Trátase dunha elección consensuada entre o alumno e o Coordinador segundo as materias da Facultade de Comunicación. Como máximo podes coller 12 ECTS de materias de idiomas para estancias dun ano e 6 ECTS para estancias dun semestre.En todo caso, o alumno traerá unha proposta feita ao Coordinador. Lembra que non sempre as materias nas Universidades de destino teñen o mesmo valor de créditos polo que a suma total de materias escollidas debe alcanzar o número de créditos sinalados na pregunta 10.
15. Que sucede se suspendo unha materia?
En caso de suspender unha ou máis materias a nota será a mesma para a materia ou materias correspondentes no contrato de estudos. O Coordinador Departamental porase en contacto contigo. A segunda convocatoria deberase realizar sempre na Universidade de destino polo que non é posible presentarse aquí na convocatoria de xullo.
16. A bolsa Erasmus é incompatible co resto de bolsas?
Non existe incompatibilidade coas bolsas habituais do alumnado (MEC, Xunta, etc). Máis aínda existen bolsas específicas das institucións públicas para que o alumnado goce dunha bolsa Erasmus (Xunta, Universidade, Deputación). Compróbao en cada institución responsable da bolsa.
17. Podería rexeitar a Universidade de destino a miña solicitude?
A Universidade de destino podería rexeitar a túa solicitude se non acreditas o requisito lingüístico na forma que eles determinen (algunhas universidades esixen un certificado de idioma determinado). Tamén poden rexeitar a túa solicitude se non envías a documentación dentro do prazo que teñan establecido para recibir solicitudes.
18. Onde teño que pagar a matrícula?
Na Uvigo, coma sempre, é un trámite que deberá realizarse na Secretaría. A Universidade de destino non poderá percibir pagos en concepto de prezos públicos por matriculación. Sen embargo, poderá esixir o pago de certos gastos administrativos, seguros obrigatorios, fotocopias, carnés de estudantes, etc.
19. Onde vou residir na miña estancia no estranxeiro?
As Universidades de destino teñen o compromiso de facilitar axuda para atopar aloxamento. Non obstante o responsable final es ti, e debes ter presente que nalgunhas cidades pode ser difícil atopalo. Por iso é importante cumprir cos prazos que che indiquen para enviar os formularios de reserva de aloxamento, se os hai. Canto antes o fagas, máis posibilidades terás de ter reserva de praza. Existen algúns enlaces que che poden axudar nesta tarefa:
http://universia.es // http://housinganywhere.com
20. Quen xestiona a viaxe ao destino?
Ti es o encargado/a de organizar a túa viaxe (billete de avión ou medio de transporte alternativo) e efectuar todas as xestións necesarias para chegar á Universidade de destino. Lembra que se viaxas fóra da UE deberás tramitar visado, para o cal precisarás polo menos dous meses de antelación.
21. Podo renunciar á praza unha vez concedida?
Neste caso faise unha chamada á responsabilidade. Por suposto que se pode renunciar, pois sempre pode xurdir algún imprevisto, pero confíase en que os casos de renuncia teñan lugar exclusivamente por causas debidamente xustificadas. En caso contrario, poderase denegar ou limitar a súa participación nas convocatorias de próximos cursos.
Se decide abandonar unha vez iniciada a estancia, deberá notificalo urxentemente á ORI e ao Coordinador Departamental da Facultade de Comunicación.
22. Quen é o meu Coordinador/a de Departamental?
O Coordinador Departamental de Relacións Internacionais é:
Profesor Dr. José Pita Castelo
Tel. +34 986 802 004 (O teléfono só é para chamadas institucionais. Non se atenden estudantes por teléfono).
Fax +34 986 801 997
Universidade de Vigo
Facultade de Comunicación
Campus da Xunqueira s/n
36005 Pontevedra. Spain
O Coordinador Institucional e o director da ORI, máis información na súa web (https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade)
23. ¿Que outra información IMPORTANTE debo coñecer?
A Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo (ORI, https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade) é a encargada de todos os trámites administrativos dos estudantes de intercambio. Esta Oficina elabora unha Guía Práctica para o alumnado Erasmus que é unha valiosa axuda.
Temas de matriculación, ou recepción de actas son responsabilidade da Secretaría de Alumnos. Se tes algún trámite de esta índole ponte en contacto directo coa Secretaría (uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/mentres-estudas)
O Coordinador Departamental encárgase unicamente dos trámites académicos: LA e convalidacións do ToR. Calquera outro documento fóra do LA ou ToR é para a ORI.
Axudarate por correo electrónico e persoalmente durante o curso académico, fóra de vacacións, fins de semana, feriados, ou permisos. Se requires cita persoal, pídea por email para evitar esperas inútiles. Por favor, consultar calendario académico publicado pola Uvigo (uvigo.gal/estudar/organizacion-academica/calendario-academico) cada ano.
OS EMAILS QUE NON CUMPRAN AS SEGUINTES NORMAS SERÁN IGNORADOS
– Os emails ao Coordinador Departamental deben dirixirse a cscinternacional@uvigo.es non ao seu email como Profesor/a.
– Faino sempre dende o teu mail @alumnos.uvigo.es. Outras orixes serán ignoradas.
– Identifícate completamente con nome e apelidos, NIF, titulación, tipo de mobilidade e Universidade de Destino en todos os emails que envíes.
– Debe deducirse claramente o que se solicita.
– Fai sempre unha contestación ao email anteriormente remitido, así gardaranse todas as mensaxes nunha única conversa.
SOBRE A FIRMA ELECTRÓNICA
As firmas dos documentos faise de maneira electrónica, tanto o alumnado como os Coordinadores. Asegúrate de ter o teu certificado electrónico da FNMT https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica instalado no navegador do teu ordenador e o programa Autofirma https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html que che permitirá asinar os PDFs.
Alternativa ao anterior é a APP “Firma digital de documentos PDF con DNIe 3.0” da CNP-FNMT (atoparala na Play Store de Android e na Apple Store). Esta APP permite asinar documentos PDF que teñas no móbil (Google Drive, por exemplo) co teu DNI físico e sempre que o teu dispositivo teña NFC.
De xeito adicional de seguranza, deberías deixar autorizada por escrito a unha persoa da túa confianza para que poda facer os teus trámites persoalmente se fora preciso.
24. Xa voltei da estancia fóra e todavía non teño as convalidacións das asignaturas feitas, por que?
Para facer as convalidacións o Coordinador Departamental precisa do contrato de estudos (Learning Agreement -LA) con TODAS as firmas e selos, e do expediente académico orixinal (Transcrip of Records -ToR) que alumno acadou fóra (ORIXINAL, non unha copia do orixinal ou un escaneo do orixinal). Se algún dos dous documentos falta, ou o alumno matriculouse mal (como ordinario e non como de mobilidade, ou non se matriculou en absoluto) a convalidación non pode facerse. O Coordinador Departamental cando recibe o ToR orixinal e fai a convalidación (materias que non figuren no ToR non se poden convalidar) avísate por email, igual que cando recibe o teu contrato de estudos.
Normalmente os expedientes académicos (ToR) non chegan ata setembro pero podes facer a matrícula do curso seguinte nos prazos ordinarios e logo solicitar un prazo extraordinario de modificación de matrícula por este motivo xustificado.
Facer unha estancia de mobilidade en 4º ano non é a mellor das ideas xa que podes precisar do título para facer un máster ou para un contrato de traballo e non vas telo a tempo. Os prazos das Universidades de destino, os propios da Universidade de Vigo e dos servizos postais xunto coa dispoñibilidade do persoal fan extremadamente difícil que os requisitos para presentar o TFG se cumpran para as convocatorias ordinarias de xuño e xullo; obrigando a súa presentación en convocatorias posteriores.