Materias no Grao en Dirección e Xestión Pública

  • Dereito Financeiro e Tributario
  • Xestión Tributaria
  • Técnicas de Xestión Orzamentaria
  • Financiamento Autonómico e Local

Breve reseña biográfica

Doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Dereito Tributario e Contabilidade e experta en Fiscalidade Internacional (títulos propios da Universidade de Santiago de Compostela), desenvolve o groso da súa traxectoria docente e investigadora na Área de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo.

As súas liñas de investigación principais incardínanse na fiscalidade internacional, ámbito no que conta con numerosos artigos científicos e monografías e que foi obxecto da súa tese doutoral, defendida no ano 2011 na Universidade de Santiago de Compostela, premiada polo Instituto de Estudos Fiscais (Ministerio de Economía e Facenda). Nos últimos anos, as súas liñas de investigación están orientadas cara a fiscalidad dos bens intanxibles e a economía dixital e circular.

Conta con máis de 13 anos de experiencia docente universitaria en materias impartidas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario, en graos e posgraos, e colabora como docente en posgraos e xornadas organizadas por universidades españolas e extranxeiras.

Presentou ponencias, comunicacións e posters en máis de 70 congresos nacionais e internacionais.

Soraya Rodriguez Losada

Soraya Rodriguez Losada

Profesora Contratada Doutora Interina de Dereito Financeiro e Tributario Departamento de Dereito Público Especial (X13)