INSTALACIÓNS

Reserva de Espazos da Facultade:

Para reservar espazos da facultade (Aulas, Seminarios, Salón de Graos…) envía un correo a Vicedecanato FCSC (consfcs@uvigo.es) co espazo a reservar, datas e horario.

Reserva de Laboratorios:

Para reservar os laboratorios da facultade (plató tv, plató de cine, posprodución, Radio, estudio de son, fotografía) para docencia e prácticas faino a través da web do Gabinete Audiovisual http://material.uvigo.es/ ou envía un correo ca solicitude a audiovisuaisuvigo@gmail.com

 

O Centro dispón dos seguintes espazos para as diferentes modalidades de docencia:

Aulas e seminarios: 1.002 postos

  • Aulas (8) para o desenvolvemento de clases de carácter fundamentalmente teórico. Equipadas con asento de banco corrido.
  • Dotadas con material, lousas, canóns e pantallas de proxección audiovisual, torre informática composta por CPU, mesa de son e pantalla de computador.
  • Situadas na planta baixa.
  • 8 aulas cunha capacidade de entre 100 e 150 prazas.

Materias vinculadas. Todas as materias son susceptibles de ser impartidas neste tipo de aulas xa que todas inclúen horas de docencia teórica, a maior parte delas trasládanse a outros espazos para o seu desenvolvemento práctico.

 Seminarios para docencia de pequenos grupos e traballo en grupo (11): 200 postos

  • Espazos dedicados á realización de traballos en grupo e á impartición de clases teóricas e prácticas cunha presenza menor de alumnos.
  • Equipadas con cadeiras de pa movibles.
  • Dotadas con lousa e nalgúns casos con televisores e reprodutores audiovisuais.
  • Situadas nas plantas segunda e terceira.
  • 6 seminarios de entre 20-50 prazas.

Seminarios para traballo en grupo: 80 postos

  • Espazos dedicados á realización de traballos en grupo e á impartición de clases teóricas e prácticas cunha presenza menor de alumnos.
  • Equipadas con mesas de traballo de gran tamaño.
  • Dotadas con material lousas, canóns e pantallas de proxección audiovisual, torre informática composta por CPU, mesa de son e pantalla de computador.
  • Situadas na planta segunda.
  • 2 seminarios de entre 30-40 prazas.
Aula audiovisual: 50 postos

  • Espazo dedicado para a docencia relacionada especificamente con materias audiovisuais (fotografía, cinema, radio…).
  • Equipada con cadeiras pa movibles.
  • Dotada de equipamento para a reprodución de diverso material audiovisual como reprodutor de DVD, proxección diapositivas, reprodución de imaxes, etc.
  • Situada na terceira planta.
  • 1 aula con 50 prazas.

Laboratorio de Son
Estudio de son dotado con zona de aula de 20 postos, mesa robotizada, software ProTools, cabina de gravación de audio para dobraxe, gravación de música (conta con amplificadores e batería) e microfonía específica.

Laboratorio de Radio 1
Dispón de 7 cabinas de edición de audio con ProTools e Audicity

Laboratorio de Radio 2
Conta con zona de aula de 25 postos, mesa de control de son específico de radio e cabina para gravación e realización de entrevistas con 5 postos.

Plató de TV
Espazo de gravación de programas de televisión de 100m2 con iluminación de estudio mediante pantógrafos, control de realización de 3 cámaras, misturador de imaxe e control e gravación de vídeo.

Plató de Cine
Espazo diáfano de 100m2 con 2 cicloramas para a realización de secuencias cinematográficas. Dispón de pantalla de gran formato e cañón HD para ser empregados como sala de cine con 70 postos.

Laboratorio de Fotografía
Dotado de iluminación de estudio mediante pantógrafos e diversos fondos fotográficos. Dispón de zona de aula con 25 postos.

Cabina de Corrección de Color
Dispón de software DaVinci Resolve Estudio e monitor calibrado.

Laboratorio de Posprodución 1
Conta con 8 cabinas de edición con software DaVinci Resolve sobre PC.

Laboratorio de Posprodución 2
Conta con 8 postos de edición con equipos iMac con software DaVinci Resolve e Final Cut Pro X.

Gabinete Audiovisual
A Facultade dispón de diverso material audiovisual para préstamo. Inclúe cámaras de vídeo Panasonic, cámaras DSLR Nikon e Canon, cámaras Mirrorless Sony Alpha e Black Magic Pocket Camera.

Material de iluminación portátil. Material de gravación de audio mediante diversos tipos de microfonía e gravadoras portátiles. Soporte de cámara como SteadyCam, FlyCam, Rig, Travelling, Slider, etc.

Aula de produción: 40 postos

  • Situada na primeira planta.
  • Espazo de 40 prazas con mesas, lousa, proxector, ordenador.

Aulas de informática: 90 postos

  • Aulas (3) equipadas cada unha delas con 24-28 postos informáticos. Estas aulas dedícanse a cubrir as necesidades docentes (prácticas). Están equipadas con equipos informáticos en constante renovación de software e hardware (a aula 1 renovou as CPU entre 2012 e 2013, e a aula 3 entrou en funcionamento en 2010).
  • Dotadas con material lousas, canóns e pantallas de proxección audiovisual, torre informática composta por CPU, mesa de son e pantalla de computador.
  • Situadas na segunda e terceira planta.
  • 1 aula de informática de 15 prazas (1ª planta). Ademais está dotada dun equipo preparado para alumnado con discapacidades motrices e visuais.

Aula de acceso a internet: 30 postos

  • Trátase dunha sala dedicada exclusivamente a que os alumnos poidan acceder a internet empregando unha conexión fixa.
  • Está situada na primeira planta do edificio.
  • Equipada con equipos informáticos con capacidade exclusiva de navegación en 30 postos Rede.
  • 1 aula con 30 prazas.

Aula de videoconferencia: 50 postos

  • É un espazo de 50 postos (cadeiras de pa) equipado para a realización de videoconferencia. A súa xestión depende da área de Tecnoloxías dá Información e Comunicacións (ATIC) e conta con persoal estable para a súa xestión.
SALAS DE ACTIVIDADES/OUTROS ESPAZOS

Salón de Graos: 64 postos

  • Sala dedicada á defensa de tese, traballos fin de grao, proxectos de investigación e a celebración de conferencias.
  • Equipado con material audiovisual, pantalla e proxector HDI así como un computador e tres pantallas.
  • Situado na terceira planta.

Salón de Actos: 400 postos

  • Conta con 400 postos (considerada a maior aula magna da Universidade galega).
  • Dispón de sistema independente de son e con equipo de proxección cinematográfico.
  • Situada na primeira planta do edificio, utilízase para a celebración do acto de gradación.

Aínda que todo o Centro conta con conexión wifi para alumnado e profesorado, na planta baixa e na primeira atópase habilitada unha zona con mesas e cadeiras (e un gran número de enchufes) para que os alumnos poidan conectarse mediante os seus portátiles e, á vez, sirvan de espazo de traballo en grupo.

Sala de Xuntas: 60 prazas

  • Espazo destinado, principalmente, para a organización de Xuntas de Centro.
  • Amoblado con tal finalidade principal, pode, con todo, ser utilizado para realizar outro tipo de actos como seminarios ou presentacións.
  • Situado na planta terceira.

Sala de reunións 2 e 3: 12 postos, 24 postos

Situadas na segunda e terceira planta están destinadas á celebración de reunións de xestión ou comisións, principalmente, pero tamén poden utilizarse como seminarios.

Podes ver as localizacións dos espazos na Facultade clicando aquí