Contacta a través dos teléfonos 986 80 20 26 e 647 34 31 02 ou mediante correo electrónico no enderezo audiovisuais@uvigo.es.

O Gabinete Audiovisual, ocúpase da xestión, organización e mantemento dos laboratorios e do material audiovisual. Está formado por un equipo de dous técnicos especialistas en Medios Audiovisuais (Vicente López “Txapu” e Julio Martínez ) e ten como función principal o apoio á investigación e á actividade docente.

O horario do servicio de atención para a reserva de espazos e de préstamo de material audiovisual é de 9:00 a 21:00, e está ubicado na planta baixa.

Os laboratorios audiovisuais se reservan na web do Gabinete Audiovisual. Para a solicitude de permisos para a utilización de aulas, salas de reunión ou espazos da facultade enviar solicitude a academicacsc@csc.uvigo.es ou contactar coa Conserxería (pranta baixa) ou no 986 80 19 99.

Prégase aos estudantes que, para a optimización dos recursos materiais e por respecto ao traballo doutros estudantes, sexan estrictos no cumplimento dos horarios de recollida e entrega do material reservado.