PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS

PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS

CARACTERÍSTICAS

· Campus: Pontevedra
· Tipo: Grao
· Créditos ECTS totais: 240
· Modalidade: Presencial
· Prazas: 100
· Número de cursos: 4
· Código: P04G190V01
· Prezo por crédito do Grao: 9,85€ en 1a matrícula

DESCRICIÓN

O plan de estudos do Grao en Publicidade e Relacións Públicas responde a tres perfís profesionais específicos: xestores e creativos publicitarios, directores de comunicación e relacións públicas.

  • Deseño de campañas de publicidade, creación de contidos audiovisuais e gráficos para medios e redes sociais, planificación estratéxica en medios, organización de eventos, xestión da comunicación de empresas e institucións, gabinetes de prensa, xestión de redes, creación de marca.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Axencias de publicidade e de comunicación.
  • Axencias de comunicación dixital.
  • Gabinetes de relacións públicas.
  • Axencias de medios.
  • Departamentos de marketing e publicidade.
  • Consultoras de comunicación e publicidade.
  • Xestión da comunicación en institucións públicas e empresas.
  • Gabinetes de imaxe e comunicación corporativa.
  • Analista de mercados.
  • Creador de contidos fotográficos e audiovisuais.
  • Empresa de organización de eventos.

OBXETIVOS XERAIS DA TITULACIÓN

– Adquirir un coñecemento exhaustivo dos fundamentos teóricos e prácticos que conforman o fenómeno da comunicación, especialmente a publicitaria e a das relacións públicas, a súa función na sociedade e as súas técnicas e metodoloxías de investigación.

– Adquirir coñecementos sobre o deseño e creación de políticas e estratexias comunicativas.

– Desenvolver a capacidade para adoptar estratexias de comunicación coherentes.

– Desenvolver a capacidade crítica, analítica e interpretativa.

Queres máis información?

Contáctanos por correo a ivanpuentes@uvigo.es