Materias no Grao de Dirección e Xestión Pública
- Goberno e administración electrónica
- Ciencia política: Ciencia da administración e xestión pública
- Ciencia política: Políticas públicas
- Ciencia política III: Políticas públicas
Materias no Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional
- Novos Deseños Estratéxicos no Contexto do Goberno Electrónico
- Valor Público, Administración Financeira e Presupostaria
- Proceso de Análise I: Técnicas Cualitativas
Breve reseña biográfica
Doutor en Ciencia Política e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela desenvolve o groso da súa traxectoria docente e investigadora na Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo. Xunto con colegas da súa Área e doutras universidade ten organizado actividades de I+D e participado en proxectos de investigación competitivos e en Congresos estatais e internacionais así como impartido cursos na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Asemade forma parte dos grupos de investigación “Observatorio de Gobernanza-G3” e GOBERNET. Realizou estadías na Georgetown University (Washington) e na Universitat Oberta de Catalunya (IN3 Institute, Barcelona) e as súas principais liñas de traballo son as políticas públicas e o goberno electrónico, ámbitos que nutren a meirande parte das súa produción científica.
