Materias no Grao de Comunicación Audiovisual

  • Teoría e Técnica da Fotografía

Materias no Grao de Publicidade e Relacións Públicas

  • Teoría e práctica da fotografía publicitaria

Breve reseña biográfica

Jorge Lens (Vigo, 1967) é licenciado en Comunicación Audiovisual (UCM) e doutor pola Universidade de Vigo. Nos seus inicios combinou o seu traballo no xornal La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas exposicións fotográficas. Actualmente a súa serie City Blues exponse nos Centros Culturais de España en latinoamérica ata 2021.

Desde 1997 é profesor de fotografía na Universidade de Vigo, impartindo docencia nos graos de Publicidade e RR.PP e de Comunicación Audiovisual. A súa tese doutoral gañou o Primeiro Premio de Investigación 2003 á mellor Tese en Humanidades e Ciencias Sociais convocado pola Deputación de Pontevedra. Como investigador participou en congresos nacionais e internacionais e dirixido proxectos de investigación representativos, como a documentación dos rótulos comerciais tradicionais da provincia de Pontevedra (2008), a análise do consumo fotográfico e televisivo na infancia (2009) ou a catalogación da publicidade realizada en Galicia (2010-2013).

A miña páxina web: Jorge Lens | Fotografía

Jorge Lens Leiva

Jorge Lens Leiva

Profesor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

jlens@uvigo.es
986 80 19 70