Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas

  • Estratexias da comunicación publicitaria
  • Avaliación da eficacia publicitaria

Materias no Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade

  • Elaboración da Mensaxe Publicitaria

Materias no Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais

  • Análise de métricas e avaliación da eficacia en medios dixitais

Breve reseña biográfica

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo (2000) e Doutora en Comunicación Audiovisual, Publicidad e Relacións Públicas por esta mesma Universidade en 2006.

Docente no ámbito universitario dende o ano 2005 actual é profesora Titular cun sexenio de investigación. Os seus intereses de investigación céntranse nas estratexias de comunicación e na avaliación da eficacia publicitaria, sendo autora e coautora de máis de 50 publicacións e participante en varios proxectos de investigación competitivos.

Ademais disto ten dirixido teses de doutoramento e numerosos traballos de fin de Grao. No eido da xestión foi Secretaria e Decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e Directora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Emma Torres-Romay

Emma Torres-Romay

Profesora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

emmatr@uvigo.es
986 80 19 19