DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA

DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA

DATOS BÁSICOS DA TITULACIÓN

· Campus: Pontevedra
· Centro: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
· Área de coñecemento: Ciencias Sociais
· Lingua de impartición: Galego e castelán
· Número de créditos: 240 ECTS
· Duración: 4 anos
· Número de prazas: 45 (25 modalidade presencial e 20 modalidade virtual)
· Modalidade: Presencial e virtual

DESCRICIÓN

O Grao en Dirección e Xestión Pública pretende proporcionar ao estudantado unha base sólida de coñecementos básicos en ciencia política e administración pública, dereito, economía e empresa, socioloxía, informática e estatística, orientados cara a xestión pública de xeito que os/as futuros/as graduados/as coñezan a natureza e os métodos aplicables á xestión e administración pública desde unha perspectiva histórica e contemporánea. Este título conta cunha modalidade presencial e con outra modalidade virtual.

OBXETIVOS XERAIS DA TITULACIÓN

– Inculcar ao estudantado o interese pola aprendizaxe da xestión e administración pública dentro dos sistemas político-administrativos desde unha perspectiva interdisciplinaria.

– Coñecer a natureza e os métodos aplicables á xestión e administración pública desde unha perspectiva histórica e contemporánea.

– Desenvolver no estudantado as habilidades esixidas para aplicar os coñecementos adquiridos na práctica profesional.

PLAN DE ESTUDOS

No novo plan de estudos (vixente a partir do curso 2020-21), o Grao en Dirección e Xestión Pública oferta un total de 240 créditos ECTS nas dúas modalidades. O alumnado debe cursar 60 ECTS de formación básica, 126 ECTS de formación obrigatoria, 48 ECTS de formación optativa (a elexir entre unha oferta de 84 créditos) e 6 ECTS de Traballo de Fin de Grao.

PERFÍS PROFESIONAIS E LABORAIS

O grao configúrase seguindo un modelo curricular que se orienta ao establecemento de dous grandes perfiles profesionais e unha serie de perfiles laboráis máis específicos, que pretenden afinar na asignación de competencias ás necesidades das organizacións públicas, privadas e para-públicas que operan no entorno da Universidade de Vigo. Desta forma, foron definidos unha serie de perfiles:

Director/a técnico/a de organizacións públicas, que desenvolve competencias para función de:

• Técnica/o nas Administracións Públicas
• Xestor de organizacións
• Analista de Políticas Públicas
• Analista político

Xestor de proxectos:

• Asesor/a e consultor/a
• Analista de Políticas Públicas
• Axente de desenvolvemento local

Docencia e Investigación

Así, entre outras, as saídas laboráis das graduadas e graduados en Dirección e Xestión Pública poden desenvolverse en:

• Institucións Políticas e Administracións Públicas que operan no ámbito Internacional e de Acción Exterior (embaixadas, consulados, organizacións internacionais, oficinas de cooperación, etc), da Unión Europea, e no ámbito estatal, autonómico e local
• Organizacións Políticas de representación de intereses e non gubernamentais (partidos políticos e coalicións; organizacións sindicais; cámaras oficiais de industria, comercio e navegación; colexios profesionais; federacións deportivas; asociacións e federacións de entidades empresariais; organizacións do terceiro sector)
• Consultoras de recursos humanos, de calidade ou de comercio exterior
• Axencias de colocación privada
• Auditorías
• Centros de investigación e formación de empresas
• Empresas demoscópicas

Queres máis información?

Grao Dirección e Xestión Pública Online: direccionygestionpublica.uvigo.es/es/
Mail: direccionygestionpublica@uvigo.es
Tel.: +34 986 801 999