COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

CARACTERÍSTICAS
· Campus: Pontevedra · Tipo: Grao · Créditos ECTS totais: 240 · Modalidade: Presencial · Prazas: 45 · Número de cursos: 4 · Código: P04G070V01· Prezo por crédito do Grao: 9,85€ en 1a matrícula
DESCRICIÓN
A consideración da comunicación, no seu sentido máis amplo, como factor económico clave na política de empresa, certifica o interese deste grao, no que se forman profesionais que, en consonancia coa crecente demanda laboral e a expansión do sector audiovisual no noso país e no resto da Unión Europea, poidan desenvolver optimamente as tarefas de guionista, director, realizador audiovisual, produtor, xestor, editor ou deseñador de posprodución en medios audiovisuais convencionais e multimedia, sen esquecer a faceta cultural e humanista que vai caracterizar o seu traballo, xunto á capacidade crítica, analítica e reflexiva en relación ao feito audiovisual.
SAÍDAS PROFESIONAIS
Guionista, produtor e realizador audiovisual e multimedia. Profesional que deseña, planifica e organiza os recursos humanos, medios técnicos e orzamentarios para a produción de obras audiovisuais en soportes convencionais e interactivos.
OBXETIVOS XERAIS DA TITULACIÓN
– Capacidade analítico-crítica de natureza pluridisciplinaria orientada á comunicación e ao seu entorno socioeconómico.
– Capacidade para levar a cabo labores profesionais de tipo práctico en producións de radio, vídeo, televisión e multimedia.
– Capacidade creativa e dominio da linguaxe audiovisual.
– Predisposición á innovación nos diferentes soportes e producións.
– Facilidade para adaptarse á comunicación nos futuros ambientes multimedia.
Queres máis información?
Contáctanos por correo a coordinacav@gmail.com