O audiovisual dos millennials galegos

Narcisistas, malcriados, egocéntricos, indiferentes e impacientes. Infantís, ninis, apolíticos, mimados. Frívolos. Insolidarios. Preguizosos. Inmaturos, materialistas e cómodos. Non comprometidos. Apáticos e irrespectuosos. Individualistas.

Nacemos nun mundo dixital saturado de imaxes e sons. Din que non queda nada novo por facer e por iso nadamos na mestura de referentes, de estilos e estéticas para demostrar que aínda temos cousas que contar. Somos fluídos, adaptables. Somos collage e pastiche. Estamos preocupados polo noso entorno, polos nosos compañeiros e pola nosa lingua. E non queremos conformarnos.