Flor e muller

Flor e muller nace da unión de dúas motivacións principais: a figura da miña nai e a súa paixón polas flores; e a presenza maioritaria da muller na “cadea floral”.
Este proxecto explora a relación entre as mulleres e as flores, investigada mediante unha reportaxe fotográfica centrada na presenza da muller no sector da floricultura. A través dunha mirada próxima, desenvólvese un percorrido dende a fase de produción ata a compra/venta en florerías e mercados.
Unha homenaxe fotográfica onde as dúas temáticas únense e comparten o mesmo protagonismo.

As mulleres e as flores.