Biografía |
Iria Silvosa ( Vilalba, 1992) titulada superior en Realización de cine, TV e espectáculos, graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e actualmente estudante do máster en edicións e postprodución na escola CENTA (Donostia, Gipuzkoa). Realizou a edición de varias curtas, entre elas Espazo (2014, Ángel Filgueira), da webserie DalleJas ( 2016, 2ª temp), así como a etalonaxe de Volver Allí (2016, Lucía Estévez). Tamén conta con creacións como autora, de pezas como Extraño (2015), [Acróstico] (2016), Atisbos (2016), de corte máis documental, xogando ca propia linguaxe.
|