Sobre rodas

Curtametraxe documental | 2014

Realización e montaxe

‘Sobre rodas’ é un proxecto nado da colaboración coas lisboetas Associação Voarte e APCL (Associação de Paralísia Cerebral de Lisboa) que traballan en conxunto para achegar a arte a persoas con algunha minusvalía. A obra xira en torno a Zaida, unha moza que padece parálise cerebral e vive pegada a unha cadeira de rodas, agás nun momento moi especial do día: a súa clase de baile. Nesa hora levántase da cadeira, deixa atrás a dependencia, as cadeas e o transcorrer do tempo á espera de que alguén a empuxe ou lle poña os zapatos. Levántase para sorrirlle á vida. Levántase para rirse das barreiras. Zaida quere bailar. E baila. Todo vai sobre rodas.

2º premio na categoría documental, XIII Premio de creación audiovisual no concurso de creatividade da UVigo 2015