Espellos. Espazo de reflexión

Booktrailer para ‘Espellos. Espazo de reflexión’, un traballo que nace da intimidade, da lectura da pel e dos reflexos dos espellos que nos rodean. Amor, sensualidade, relacións, busca da identidade, segredos, inseguridades… son palabras que resumen o universo deste libro. Palabras que orbitan ao redor dun espello e supoñen o punto de partida para o traballo literario da poeta Lara Porto e a fotografía de Carla Pérez. Obras independentes pero complementarias, textos que aportan profundidade ás fotografías e imaxes que suman ideas aos poemas, ese é o resultado en ‘Espellos’, poesía que desprenden as fotografías e imaxes que se crean a partir da lectura dos textos.

2º premio na categoría de vídeo experimental, XIII Premio de creación audiovisual no concurso de creatividade da UVigo 2015