FAQ – Preguntas máis frecuentes programa mobilidade

FAQ – Preguntas máis frecuentes programa mobilidade

PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES NOS PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Aquí podes encontrar a solución as dúbidas máis frecuentes. De calquera xeito, comproba sempre a convocatoria da bolsa que te interese, pois é a información oficial e a publica a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo http://internacional.uvigo.es ou o SIOPE (siope@uvigo.es) no caso SICUE.

  1. Cales son os requerimentos iniciais que se deben cumprir para gozar dunha bolsa Erasmus/mobilidade?

Estar matriculado na Facultade de CC. Sociais e da Comunicación tanto no curso académico no que se solicita a bolsa, como no que se realizará a estancia Erasmus/mobilidade e ter como mínimo 60 créditos ECTS aprobados (120 para as Bolsas Santander) e estar matriculado en 30 ECTS máis.

A Universidade de Vigo publicará unha Convocatoria para o estudantado de posgrao e máster específica.

  1. Cando e cómo teño que solicitar a bolsa Erasmus/mobilidade?

A solicitude para o próximo curso realizarase por Internet no seguinte enlace http://internacional.uvigo.es e nas datas indicadas cando saia a convocatoria. Nin o Decanato, nin o Coordinador de Mobilidade teñen información previa de cando vai a sair. Non vale de nada preguntar. Estate atentos ao correo electrónico e a web antedita, así como á publicación de calquera bolsa adicional (MEC, Diputacións, Xunta de Galicia, Santander…) nas webs correspondentes. Deberá comprobarse na convocatoria ata cando estará aberto o período de solicitudes. Recoméndase non esperar ata o último día, pois a aplicación pódese colapsar.

  1. Son un estudante estranxeiro. Teño dereito a unha bolsa Erasmus/mobilidade?

Si, ademais dos estudantes españois, poderán ser beneficiarios da bolsa Erasmus os cidadáns dun estado membro da Unión Europea, ademais de Turquía, Croacia e Macedonia, e aqueles que estean en posesión dun permiso de residencia válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.

  1. Xa gocei dunha beca de mobilidade. Podo volver?

Durante o mesmo Ciclo de estudos non se pode gozar de máis de 12 meses de bolsa Erasmus nas diferentes modalidades (estudos e prácticas). Por exemplo: un estudante de Grao que gozou dunha bolsa Erasmus prácticas de 6  meses só poderá solicitar unha bolsa de Erasmus estudios por un perido máximo de 6 meses durante o Grao. Se queres volver a repetir a experiencia de mobilidade máis aló dos 12 meses terías que solicitar outro tipo de mobilidade diferente ao que xa tiveches.

Un mesmo estudante pode solicitar a mobilidad SICUE por segunda vez, sempre e cando sexa nunha Universidade de destino distinta a onde realizóu o primeiro intercambio e en distinto ano académico. Tenrán preferencia os alumnos que nunca disfrutaron de bolsa de mobilidade.

  1. Como podo saber qué destinos se ofrecen na miña titulación?

Os anexos da Resolución Reitoral especifican os destinos por centros coa duración da estadía. Na páxina web da ORI indicada máis arriba tamén atoparás toda a información relativa ós destinos ofertados na túa titulación, e información maís específica nas webs respectivas de cada Universidade. O Coordinador Departamental (o responsable da mobilidade) non pode recomendar un destino por encima de outros.

  1. Como se fai a selección?

A selección faina a persoa responsable da mobilidade dos estudantes da Facultade,  que é o Coordinador Departamental, tendo en conta a nota media do expediente, o ter disfrutado dunha movilidade anterior, e a opción solicitada polo estudante,

  1. En que idioma se imparten as aulas na Universidade de destino?

Na Universidade de destino impártense aulas no idioma local. Asemade hai moitas universidades que sen ter como idioma materno o inglés imparten docencia en dito idioma. Esto debe consultarse na páxina web da universidade de destino así como os certificados de idiomas que precisen. Non ter a acreditación podería impedir a movilidade.

  1. Cal é o nivel das probas de idioma e cando se celebran?

As probas de idioma (inglés, francés, portugués e alemán) celébranse nas datas que estableza o Centro de Linguas da Uvigo (centrodelinguas@uvigo.es) e serán comunicadas vía mail a todos os alumnos que solicitaron a beca Erasmus con posterioridade a solicitude.

  1. Por canto tempo teño que me ir?

O período de estadía pode ser dun semestre (1° ou 2°) ou do curso completo, se ben terán prioridade na adxudicación de prazas os estudantes que soliciten o curso completo. Ainda que a oferta da estadía sexa de un semestre se queres podes solicitar a extensión a un ano á Universidade de destino e ao teu coordinador na Uvigo; normalmente non hai problemas.

  1. De cantas materias ou créditos debo matricularme como mínimo e máximo?

Alumnos a tempo completo: Para estancias dun semestre entre un mínimo de 24 ECTS  e un máximo de 30 ECTS, para estancias de curso completo entre un mínimo de 48 ECTS e un máximo de 60 ECTS.

Alumnos a tempo parcial: Para estancias dun semestre entre un mínimo de 12 ECTS  e un máximo de 24 ECTS, para estancias de curso completo entre un mínimo de 24 ECTS e un máximo de 48 ECTS.

Asemade, deberán incorporarse ao Contrato de Estudos materias dun curso completo e non as que van quedando dos cursos anteriores.

  1. Teño que enviar algún documento á Universidade de destino? Cando?

Unha vez estexan os resultados definitivos da selección publicados e saibas o teu destino, terás que enviar os documentos que solicite a Universidade de destino (solicitude de admisión -application form, Learning Agreement, copia do pasaporte, etc.). Entre a información que che piden está o código Erasmus da Universidade de Vigo, que e E VIGO01. Terás que consultar na súa páxina web de qué documentos se trata, e ter en conta o prazo para envialos. Se non os envías dentro do seu prazo, pode supoñer que non te acepten como Erasmus. En calquera caso deben estar enviados antes do 30 de maio, se non antes.

  1. Que é un Learning Agreement (LA)?

É o Contrato de Estudos (que o alumno deberá levar asinado á universidade de destino cando se incorpore a ela) no que se indican as materias que se cursarán na Universidade de destino e as materias que se van recoñecer na Universidade de Vigo. Para a súa realización sigue as instruccións que tes na web http://internacional.uvigo.es. Unha vez feito o Contrato na Secretaría Virtual da Uvigo (SEIX), solicitas por email a súa aceptación ao Coordinador Departamental, logo recibirás máis instruccións.

Todo esto debe facerse antes do 30 de maio, se non antes.

Podes facer unha (1) modificación ao contrato de estudos que se solicitará por email ao Coordinador Departamental, que abrirá de novo o contrato para que poidas facer a modificación na Secretaría Virtual da Uvigo (SEIX). O Coordinador Departamental autorizará, se procede, a modificación.

MOI IMPOTANTE! Debes comunicar á Secretaría do centro a túa condición de alumno de mobilidade co contrato de estudos (LA), e con calquera cambio ao mesto, que dará trámite, no seu caso, aos correspondentes cambios de matrícula. Asegúra que estexas ben matriculado, como alumno de intercambio e non con matrícula ordinaria, se non o estiveses non se poderá facer a convalidación.

Hai un prazo de 30 días dende que comenza o semestre en destino ata que se fai chegar por correo electrónico o Contrato de Estudos definitivo firmado polo coordinador da Universidade de destino ao Coordinador Departamental da Facultade (cscinternacional@uvigo.es), despois deste plazo non se admite modificación. O documento coas firmas orixinais do Acordo de Estudos (Learning Agreement) será conservado polo estudante. O resto das partes conservarán unha fotocopia ou o documento escaneado.

  1. Como se fai o recoñecemento dos créditos cursados na Universidade de destino?

Ao finalizar a estancia, a Universidade de destino enviará as cualificacións, expediente (Transcript of Records -ToR), normalmente non antes de setembro. O Coordinador Departamental, seguindo as instruccións da Comisión Europea no “ECTS User’s Guide”, fará o recoñecemento de créditos en bloque ou materia por materia segundo o acordado entre o alumno e o coordinador tendo en conta o contrato de estudos (LA) e enviarache un correo electrónico para informar que o trámite foi feito e te podas matricular no curso seguinte ou pedir o título. As calificacións da Uvigo no ECTS grading system son F:0-4,9 E:5,0-5,5 D:5,6-5,9 C:6,0-6,9 B:7,0-8,9 A:9,0-10.

  1. Que materias deben figurar no contrato de estudos (LA)?

O estudante só poderá escoller semestres de cursos completos da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación (2°, 3° ou 4°) non sendo posible escoller materias de cursos diferentes, é dicir, que so figurarán as materias do curso que estaría a facer nese ano académico sen incluír as materias suspensas ou non presentadas de anos anteriores. As Prácticas Externas e o TFG soamente son convalidabeis se os ofrece a Universidade de destino no seu programa con unha carga ECTS semellante, que non é habitual -comprobao. O Obradoiro de Prácticas Profesionais é convalidabel, pero facer unha estancia de mobilidade en 4º ano non e a mellor das ideas xa que podes precisar do título para facer un Master ou para un contrato de traballo e a convalidación depende de cando envían o ToR as Universidades de destino, e non adoita ser antes de setembro. Se prevés que podes estar nesta situación, non vaias de mobilidade en 4º. En canto as materias que se poden elexir na Universidade de destino non teñen que corresponder ao curso que o alumno está a facer aquí, é dicir, que estando matriculado na Facultade de CC. Sociais e da Comunicación en terceiro curso de Publicidade e Relacións Públicas, por exemplo, non significa que teña que coller as materias do terceiro curso do grao no que vai estudiar fora, nin siquera do mismo grao que estuda aquí. Trátase dunha elección consensuada entre o alumno e o Coordinador segundo as materias da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación. En todo caso, o alumno traerá unha proposta feita ao Coordinador. Lembra que non sempre as materias nas Universidades de destino teñen o mesmo valor polo que a suma total de materias escollidas debe alcanzar o número de créditos sinalados na pregunta 11.

15- Qué sucede se suspendo unha materia?

En caso de suspender unha ou máis materias a nota será a mesma para a materia ou materias correspondentes no contrato de estudios. O Coordinador Departamental porase en contacto contigo. A segunda convocatoria deberase realizar sempre na Universidade de destino polo que non é posible presentarse aquí na convocatoria de xullo.

16- A bolsa Erasmus é incompatible co resto de bolsas?

Non existe incompatibilidade coas bolsas habituais do alumnado (MEC, Xunta, etc). Máis aínda existen bolsas específicas das institucións públicas para alumnado que goce dunha bolsa Erasmus (Xunta, Universidade, Deputación). Comprobao en cada institución responsable da bolsa.

17- Podería rexeitar a Universidade de destino a miña solicitude?

A Universidade de destino podería rexeitar a túa solicitude se non acreditas o requisito lingüístico na forma que eles determinen (algunhas universidades esixen un certificado de idioma determinado). Tamén poden rexeitar a túa solicitude se non envías a documentación dentro do prazo que teñan establecido para recibir solicitudes.

  1. Onde teño que pagar a matrícula?

Na Uvigo, coma sempre é un trámite que deberá realizarse na Secretaría da Facultade. A universidade de destino non poderá percibir pagos en concepto de prezos públicos por matriculación. Nembargantes, poderá esixir o pago de certos gastos administrativos, seguros obrigatorios, fotocopias, carnés de estudantes, etc.

  1. Onde vou residir na miña estancia no estranxeiro?

As Universidades de destino teñen o compromiso de facilitar axuda para atopar aloxamento. Non obstante o responsable final es ti, e debes ter presente que nalgunhas cidades pode ser difícil atopalo. Por iso é importante cumprir cos prazos que che indiquen para enviar os formularios de reserva de aloxamento, se os hai. Canto antes o fagas, máis posibilidades terás de ter reserva de praza. Existen algúns enlaces que che poden axudar nesta tarefa

(http://internacional.universia.net, http://www.casaswap.com, http://www.yourdomus.com)

  1. Quen xestiona a viaxe ao destino ?

Ti es o encargado/a de organizar a túa viaxe (billete de avión ou medio de transporte alternativo) e efectuar todas as xestións necesarias para chegar á Universidade de destino. Lembra que se viaxas fora da UE deberás tramitar visado, para o cal precisarás polo menos dous meses de antelación.

  1. Podo renunciar á praza unha vez concedida?

Neste caso faise unha chamada á responsabilidade. Por suposto que se pode renunciar, pois sempre pode xurdir algún imprevisto, pero confíase en que os casos de renuncia teñan lugar exclusivamente por causas debidamente xustificadas. En caso contrario, poderase denegar ou limitar a súa participación nas convocatorias de próximos cursos.

Se decide abandonar unha vez iniciada a estancia, deberá notificalo urxentemente a ORI e ao Coordinador Departamental da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación.

  1. Quen é o meu Coordinador/a de Departamental?

O Coordinador Departamental de Relacións Internacionais é o Profesor Dr. José Pita Castelo, tel. +34 986 802004, fax +34 986 801997, cscinternacional@uvigo.es. Universidade de Vigo. Facultade de CC. Sociais e da Comunicación. Campus da Xunqueira s/n. 36005 Pontevedra. Spain. Axudarate tanto por correo electrónico como persoalmente durante o curso académico, fora de datas de vacacións, fins de semá, feriados, ou permisos. Se require cita persoal, recoméndase pedila sempre por email para evitar esperas inúteis, especialmente nos meses de xuño e xullo que por motivos de investigación pode estar de permiso. Por favor, consultar calendario académico publicado pola Uvigo (www.uvigo.es) cada ano.

Cando envíes un email identifícate completamente con nome e apelidos, NIF, Titulación, tipo de movilidade e Universidade de Destino.

O teléfono só é para relación entre responsables institucionais.

Outros contactos via Google Hangouts, MSN, Facebook ou calquera outro medio que non sexa correo electrónico ou entrevista persoal serán ignorados.

O Coordinador Institucional e o director da ORI, máis información na súa web (www.internacional.uvigo.es).

  1. ¿Que outra información debo coñecer?

A Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo (ORI, www.internacional.uvigo.es) é a responsable final de todos os trámites administrativos dos estudantes de intercambio. Esta Oficina elabora unha Guía Práctica para o alumnado Erasmus que é unha valiosa axuda.

O Coordinador Departamental encargase únicamente dos trámites académicos: contrato de estudios e convalidacións do ToR.

Temas de matriculación, ou recepción de actas son responsabilidade da Secretaría de Alumnos, e nos que non pode entrar o Coordinador Departamental.

Deberías deixar autorizada unha persona da tua confianza para que poda facer os teus trámites persoalmente se fora preciso. Na Secretaría da Facultade poden darche un impreso con este fin.

  1. Xa voltei da estancia fora e todavía non teño as convalidacións das asignaturas feitas ¿Por qué?

Para facer as convalidacións o Coordinador Departamental precisa do contrato de estudos (Learning Agreement -LA) con firmas e selos, e do expediente académico orixinal (Transcrip of Records -ToR) que alumno acadou fora. Se algún dos dous documentos falta, ou o alumno matriculouse mal (como ordinario e non como de mobilidade, ou non se matriculou en absoluto) a convalidación non pode facerse. O Coordinador Departamental cando recibe o ToR orixinal e fai a convalidación avísate por email, igual que cando recibe o teu contrato de estudos.

Normalmente os expedientes académicos (ToR) non chegan ata setembro pero podes facer a matrícula do curso seguinte nos plazos ordinarios e logo solicitar un plazo extraordinario de modificación de matrícula por este motivo xustificado.Por este mesmo motivo, facer unha estancia de mobilidade en 4º ano non e a mellor das ideas xa que podes precisar do título para facer un master ou para un contrato de traballo e non o vas ter a tempo. Os prazos das Universidades de destino, os propios da Universidade de Vigo e dos servizos postais xunto coa disponibilidade do personal fan extremadamente difícil que os requisitos para presentar o TFG se cumpran para as convocatorias ordinarias de xunio e xulio; obrigando a sua presentación en convocatorias posteriores.