En Gestmusic Endemol están a levar a cabo un proceso de selección para atopar 15 finalistas en todo o país para participar nun Stage de Creatividade.

Os escollidos, despois de pasar as fases de selección especificadas no anexo, reuniranse ao longo dunha fin de semana con Tinet Rubira, Director de Gestmusic Endemol Shine Iberia e recoñecido creador e director de programes de televisión, así como con outros creativos da produtora.

O obxectivo é descubrir novos talentos para o futuro e coñecer aos novos creativos do audiovisual e a televisión en xeral, sobre todo no ámbito dos formatos televisivos. O stage farase en Barcelona nun hotel con cargo a Gestmusic.

O proceso de selección será o seguinte:

  1. Inscribirse en creatividad@gestmusic.es (sen este paso, esquécete do resto!!!) 
  2. Responder un cuestionario que se enviará a todos los candidatos. (1ª fase de selección).
  3. Resolver un exercicio sobre creatividade que se planteará (2ª fase)
  4. Entrevista personal, chegado o momento (3ª fase)
  5. Ao final do proceso lístanse os 15 finalistas e convócase o stage enfocado a detectar novos valores profesionais.