O Servicio de atención a usuarios/as e microinformática (SAUM) é o punto único de entrada que centraliza tódalas avarías e incidencias da rede informática e telefónica da Universidade de Vigo.

Deste xeito preténdese que os usuarios/as saiban en cada momento qué servicios poden solicitar, cómo tramitalos e a quen se teñen que dirixir para pediren información.

Servicios ofrecidos:

  • Conexión de ordenadores á rede de datos
  • Instalación de minihubs (para conectar varios ordenadores a unha roseta)
  • Venda e instalación de programas
  • Xestión de contas de acceso por módem (para conectarse dende o domicilio particular dos usuarios)
  • Xestión de contas de correo electrónico
  • Asignación de nomes en DNS
  • Instalación de teléfonos
  • Instalación do Hardware (Hw) e o Software (Sw) para o acceso á rede
  • Instalación do Hw (impresoras, etc) e o Sw de aplicacións (Office, antivirus)
  • Instalación do Hw (lectoras, etc.) e o Sw de xestión (Xesta, Xesticonta)
  • Resolución de incidencias e avarías en PCs
  • Recepción e xestión de chamadas do usuario/a
  • Xestión, seguimento e solución de problemas e avarías
  • Outros servicios (aulas informáticas, ocupación e traslados de edificios)
  • Para utilizar estes servicios é preciso enche-lo formulario de solicitude do servicio correspondente, dispoñible en “Formularios”.
  • No caso de que non exista un formulario adecuado á súa solicitude, deberá poñerse en contacto co Servicio de atención a usuarios/as e microinformática en:

Horario: (9:00 – 14:00)
Teléfono: 986 80 20 30
E-mail: saum-po@uvigo.es