O Gabinete Audiovisual, ocúpase da xestión, organización e mantemento dos laboratorios e do material audiovisual. Está formado por un equipo de dous técnicos especialistas en Medios Audiovisuais (Vicente López «Txapu» e Julio Martínez ) e ten como función principal o apoio á investigación e á actividade docente.

O horario do servicio de atención para a reserva de espazos e de préstamo de material audiovisual é de 9:00 a 21:00, e está ubicado na planta baixa.

Contacto: A través dos teléfonos 986802026 e 647343102 ou mediante correo electrónico no enderezo audiovisuais@uvigo.es.