Biblioteca Central do Campus de Pontevedra

Biblioteca Central do Campus de Pontevedra

A Biblioteca da Universidade de Vigo xestiona e pon a disposición da comunidade universitaria un conxunto de servizos e de recursos de información  como apoio  ao aprendizaxe, a docencia e a investigación.

A Biblioteca está fisicamente presente nos 3 campus (Ourense, Pontevedra e Vigo) a través dunha rede de 11 bibliotecas, e virtualmente no espacio web da Biblioteca.

fcsc_biblioteca

A Biblioteca Central do Campus de Pontevedra é o punto de servizo para as titulacións do Campus (excepto Belas Artes que conta cunha biblioteca propia especializada en arte).

 

Localización

1º andar da Facultade de Ciencias Sociais.

 

Horario habitual

Luns a vernes: 8:30  a  21:00

Extraordinario  (noites e fin de semana) durante as épocas de exames, e reducido en vacacións.

 

Servizos

Sala de lectura: 348 postos, 2 cabinas audiovisuais, 6 ordenadores de información, red wifi.

Coleccións: A biblioteca reúne a Bibliografía recomendada en cada materia das titulacións do campus: Libros, revistas, prensa, …, máis tamén audiovisuais (cine), bases de datos, libros-e.

Consulta as novas adquisicións no  pinterest  da biblioteca

Préstamo: Podes levarche a maior parte dos documentos da Biblioteca, e solicitar os documentos que están noutros campus.

Información bibliográfica especializada e persoalizada: O persoal da Biblioteca axúdate nas buscas  e na localización de información.

Máis información na Web da Biblioteca Universitaria de Vigo.

 

Directorio

Mostrador de Préstamo e información:
Tfno: 986802002 correo-e: presbcp@uvigo.es

Dirección: Laura González Nóvoa
Tfno: 986802006 correo-e: dirbcp@uvigo.es

Subdirección e adquisicións: Marta Gutiérrez Valerio
Tfno: 986801996  correo-e: subdibcp@uvigo.es

Información bibliográfica:
Héctor Castro Rey (maña). Tfno: 986802001 correo-e: refbcp@uvigo.es
Sandra Soto Meijomence (tarde) Tfno. 986801996 correo-e: refbcp2@uvigo.es