Recoñecemento Mutuo de Estudos DXP (UVigo) / Gestão de Políticas Públicas (Universidade de São Paulo)
A Universidade de Vigo ofrece ao seu alumnado unha formación internacional posibilitando a obtención de dous títulos universitarios, pola Universidade de Vigo e por outra universidade estranxeira, durante os catro anos de duración dos estudos de Grao.

UNIVERSIDADE DE VIGO (ESPAÑA) – UNIVERSIDAD DE SÂO PAULO (BRASIL)
CRÉDITOS ECTS TOTALES: 240 ECTS
REQUISITOS
Para a obtención do Recoñecemento Mutuo de Estudos en Dirección e Xestión Pública / Gestâo de Políticas Públicas, o alumnado deberá cursar e superar os dous primeiros anos (4 semestres) na súa Universidade de Orixe (120 ECTS aprobados, 80 cred USP) e realizar polo menos un ano na Universidade de destino (2 semestres: 60 ECTS, 40 cred USP) e deberá facer o seu TFG en perspectiva comparada Brasil- Europa.
PROGRAMA ACADÉMICO
TÁBOA-RESUMO | USP | UVIGO |
Créditos globais | 160 | 240 |
Créditos previos | 80 | 120 |
Créditos mínimos/máximos en cada institución | 40/80 | 60/120 |
COMBINACIÓN DE ESTUDOS EN LINGUA PORTUGUESA
Recoñécese a equivalencia da Lingua Portuguesa e da Lingua Galega, estando dispensado o alumnado de presentar certificación de idioma.
Podes consultar o listado de materias da USP e outra información de interese neste enlace.
RESPONSABLES ACADÉMICOS
As persoas responsables dos aspectos académicos e de coordinación do programa de Recoñecemento Mutuo de Estudos son as seguintes:
Pola Universidade de Vigo:
Prof. Dr. José Pita Castelo
Vicedecano de Alumnado. Responsable de Movilidade.
Dirección postal: F. CC. Sociales y de la Comunicación. Campus A Xunqueira s/n. 36005 Pontevedra
Teléfono: 986802004
Fax: 986801997
Correo electrónico: cscinternacional@uvigo.es
Pola Universidad de Sâo Paulo (BRASIL)
Prof. Dr. Alessandro Soares da Silva
Profesor Associado 1
Dirección postal: Av. Arlindo Béttio, 1000 -Ermelino Matarazzo- São Paulo-SP-3828-000-Brasil
Teléfono de contacto: 55 11 3091887
Correo electrónico: alessoares@usp.br