Saídas profesionais / Profesións reguladas para as que capacita / Perfil de egreso

A titulación oriéntase profesionalmente a tres ámbitos diferenciados. Os egresados en Publicidade e Relacións Públicas desta Universidade poderán exercer as súas actividades profesionais conforme aos perfís específicos deses ámbitos:

  1. Xestores e estrategos publicitarios: profesionais especializados na posta en marcha do proceso de planificación estratéxica desde a relación co cliente anunciante (Executivo de contas) ata a súa avaliación final mediante o control da eficacia. Coordinan os distintos pasos deste proceso desenvolvendo proxectos de investigación publicitaria e tomando decisións na planificación de medios.

Neste campo, determinan a idoneidade e características dos soportes para a difusión de campañas de comunicación, así como o control e seguimento da audiencia dos devanditos medios e a súa eficacia. Desenvolverá a súa actividade en empresas de comunicación en sentido amplo (axencias de publicidade, consultoras e departamentos de comunicación).

  1. Creativos: profesionais coñecedores de todo o proceso creativo publicitario, que abarca os procesos relacionados co briefing, a súa síntese nunha idea creativa, a conceptualización en ferramentas e mensaxes publicitarios, a realización e elaboración de produtos impresos ou audiovisuais e as diferentes técnicas de presentación da arte final. Así mesmo, traballará na conversión simbólica e gráfica dos conceptos de identidade corporativa. Para iso identifícanse especialidades como Creativo, Director Creativo, Deseñador gráfico (cunha dobre posibilidade en produción gráfica e produción audiovisual), Director de Arte, Redactor Publicitario e Produtor Publicitario en Novas Tecnoloxías.
  2. Directores de comunicación e relacións públicas: profesionais que exercen a súa actividade no ámbito das organizacións (públicas, privadas ou do Terceiro Sector) desenvolvendo as seguintes funcións: xestión estratéxica das relacións cos públicos internos e externos, así como da imaxe corporativa e a reputación; elaboración, xestión e control dos plans de comunicación; definición de estratexias e tácticas de comunicación corporativa, institucional ou política, planificación e desenvolvemento de programas e campañas de relacións públicas. Técnicos de comunicación e relacións públicas que aplican, desenvolven e executan accións comunicativas e de relacións públicas no marco dun programa ou campaña concreta, empregando as ferramentas específicas de interrelación e comunicación interna e externa. Profesionais que exercen as súas actividades directivas e técnicas en consultoras de comunicación e relacións públicas. Responsables de protocolo.