Prácticas externas

Trátase dun período formativo durante o cal o alumno dispón da oportunidade de aplicar os seus coñecementos teóricos nunha contorna laboral real, adquirindo destrezas e habilidades de carácter práctico ou aplicado. Estas prácticas preprofesionais están previstas no plan de estudos do Grao en Publicidade e RR.PP. e equivalen a 12 ECTS. En todo momento, o estudante conta coa orientación dun coordinador académico que lle facilita o contacto coa institución de acollida e supervisa o proxecto concreto a realizar. Tamén dispoñerá dun titor na devandita institución para que o guíe e aconselle no desempeño das tarefas encomendadas.

Se o alumno está interesado en aumentar a súa formación práctica e o seu contacto coa contorna laboral, tamén poderá realizar prácticas extracurriculares, fóra do período docente.

 

Cando se poden facer?

A realización deste período formativo ten lugar durante o segundo semestre de 4º curso.

 

En que institucións?

En xeral, desde a coordinación académica de prácticas do Grao téntanse recoller as preferencias dos estudantes á hora de seleccionar unha institución ou entidade, pública ou privada.

 

Qué documentación é necesaria?

CONVENIO. Documento que regula a relación entre a Universidade de Vigo e a empresa. Fan falta 3 copias que deben enviarse ao coordinador/a de prácticas na Facultade

D1-Ficha empresa. Documento que debe encher a empresa, no que se identifican os datos da mesma e custódianse co convenio.

D2- Ficha convocatoria de práctica. Documento que debe cubrir o responsable da práctica cando por parte dunha empresa se soliciten alumnos de prácticas

D3- Compromiso do estudante. Documento que debe asinar o estudante cando se lle asigne unha empresa. Custódiase co expediente do alumno.

D4- Formalización de prácticas. Documento que deben asinar os implicados na práctica: titor académico, tutor da empresa e alumno. Deben asinarse 3 copias, unha para cada un.

D5- Evaluación da empresa. Documento que debe encher a empresa ó finalizar as prácticas o alumno.

D6- Evaluación do estudante. Documento que debe encher o estudante, evaluando a empresa ó finalizar a práctica

Memoria de Fin de Prácticas – Documento que debe encher o estudante e adxuntar coa sua evaluación da empresa

D7- Documento que debe elaborar o tutor ó finalizar a práctica e tras recibir os documentos preparados pola empresa e o estudante.

D8- Documento que debe elaborar o titor de prácticas e pasar á firma na secretaría do centro. Deste documento débense facer mínimo dúas copias, xa que unha e para o expediente e outra para o estudante.

Responsable de Prácticas

Aurora García González

Entidades colaboradoras

Durante o presente curso académico 2015-16, os nosos alumnos/as realizan prácticas en máis de 90 entidades ou institucións, entre elas: