Grao en Publicidade e Relacións Públicas

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Duración mínima: 4 anos
Prazas: 100
Linguas empregadas: castelán, galego e inglés

A formación que ofrece o  Grao en Publicidade e Relacións Públicas capacita ó estudante para elaborar, xestionar, deseñar, producir e implementar comunicacións e estratexias publicitarias e de relacións públicas. O plan de  estudios adáptase ó mercado laboral, capacitando tres perfís profesionais básicos

Perfís:

A titulación capacita profesionalmente cara a tres ámbitos diferenciados conforme ós perfís de actividade profesional seguintes:

  • Xestores e estrategas publicitarios
  • Creativos
  • Directores de Comunicación e Relacións Públicas