Materias no grao en Publicidade e RRPP

Técnicas de Relacións Públicas

Relacións Públicas e Comunicación Solidaria

Campañas de Relacións Públicas

Técnicas de Propaganda Política

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela (2007). Autor de varios libros, como A comunicación no Sector Feiral. Estratexias de organizadores, expositores e visitantes, ou A xestión dun evento único. Crónica do Centenario. Ten publicados artigos en revistas e participado en congresos do sector de comunicación e as relacións públicas. A súa traxectoria profesional estivo ligada á xestión da comunicación no ámbito empresarial e institucional. Foi Director de Comunicación da Feira Internacional de Galicia (1994-2004) e Xefe de Gabinete do Concello de Ribeira (2005-2007). Desde 2008, dedicase á docencia na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo. Actualmente é Profesor Contratado Doutor no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade. As súas áreas de especialización son as relacións públicas, a comunicación solidaria e a organización de eventos.

Xosé Manuel Baamonde Silva

Xosé Manuel Baamonde Silva

Profesor Contratado Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Telf.: 986 80 19 99
Mail: xbaamonde@uvigo.es