Materias no Grao de Dirección e Xestión Pública
Políticas Públicas (1º curso, 2º cuadrimestre)
Goberno e Administración Electrónica (4º curso, 2º cuadrimestre)
Materias no Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional
Novos deseños estratéxicos no contexto do goberno electrónico
Proceso de análise I: Técnicas cualitativas
Podes consultar as miñas titorías aquí
Breve reseña biográfica
Doutor en Ciencia Política e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela desenvolve o groso da súa traxectoria docente e investigadora na Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo. Xunto con colegas da súa Área e doutras universidade ten organizado actividades de I+D e participado en proxectos de investigación competitivos e en Congresos estatais e internacionais así como impartido cursos na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Asemade forma parte dos grupos de investigación “Observatorio de Gobernanza-G3” e GOBERNET. Realizou estadías na Georgetown University (Washington) e na Universitat Oberta de Catalunya (IN3 Institute, Barcelona) e as súas principais liñas de traballo son as políticas públicas e o goberno electrónico, ámbitos que nutren a meirande parte das súa produción científica.
