Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas

  • Administración Pública e Análise Estatística

Breve reseña biográfica

Pilar García Soidán é Licenciada e Doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente forma parte do profesorado do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e do Programa de Doutoramento en Comunicación, así como do Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas, que acadou a mención de calidade. Obtivo unha beca posdoutoral para realizar unha estadía de investigación en Australia (Australian National University, Camberra), baixo a supervisión do profesor Peter Hall, autoridade internacional no campo da Inferencia non Paramétrica. Traballa ademais noutras liñas de investigación relacionadas coas Técnicas de Remostraxe e a Estatística Espacio-Temporal, así como en estudos de aplicación da metodoloxía estatística a diversos contextos.

Pilar García Soidán

Pilar García Soidán

Catedrática de Escola Universitaria. Departamento de Estatística e Investigación Operativa (C05)