Materias no grao de Comunicación Audiovisual

Guión, produción e realización de programas de ficción

Produción e Realización en Novos formatos

 

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realicei estadías de investigación na Universidade Lusofona de Lisboa (Portugal), Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) e Universidade de Costa Rica. Participei en proxectos de innovación educativa a nivel internacional como o proxecto CIAKL (EAC/19/2011) e formei parte de proxectos de investigación competitivos a nivel nacional INCITE (10SEC362025PR).

As miñas liñas de investigación están asociadas a aplicación de estratexias narrativas audiovisuais no contexto dos novos medios, desenvolvendo traballo teórico e experimental que transita entre a Arte, a Comunicación e as Novas Tecnoloxías.

Son realizador audiovisual con máis de dez anos de experiencia no sector, traballando para empresas públicas e privadas. Como realizador independente participei na realización de videoclips, a asistencia técnica a videoinstalacións e a construción de espazos visuais e sonoros para artistas plásticos e espectáculos.

Oswaldo García Crespo

Oswaldo García Crespo

Profesor Axudante Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

 

Mail: oswaldogarcia@uvigo.es