Materias no grao en Comunicación Audiovisual

Teoría e técnica cinematográfica

Dirección artística e escénica

Crítica audiovisual

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Crítico de cine en La Voz de Galicia e Radio Galega. Membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega. Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión, á Academia Audiovisual Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ao Padroado do Museo do Pobo Galego, a Asociación Española de Historiadores de Cine e ao Pen Club de Galicia. Como ensaísta cinematográfico publicou, entre outras, Carlos Velo. Cine e exilio (A Nosa Terra, 1996), As imaxes de Carlos Velo (A Nosa Terra, 2001), A Bella Otero, pioneira do cine (CGAI, 2003), Emilio Baños Santos. Unha vida entre películas (CGAI, 2003), Rodado en Galicia (Consorcio Audiovisual de Galicia, 2005, 2007) e Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007).Tamén coordinou con José Luis Cabo o Dicionario do Cine en Galicia 1896-2008 (CGAI, 2008), e xa en solitario Cinegalicia25 (Fundación Cidade da Cultura, 2014). Como autor de ficción creou desde 2002, a saga policial de Frank Soutelo para a editorial Galaxia. Entre outros galardóns, recibiu da Academia de las Ciencias y de las Artes Cinematográficas de España en 2011, o XIII Premio González Sinde polo programa Audiovisual nas Aulas, e en 2012, o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual, da Xunta de Galicia

Miguel Anxo Fernández Fernández

Miguel Anxo Fernández Fernández

Profesor Asociado Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Mail: franksoutelo@yahoo.es