Materias no grao en Dirección e Xestión Pública

Estatística: Introdución á estatística administrativa

Metodoloxía e Técnicas de Investigación Social Aplicadas ás Administracións Públicas.

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Licenciado en matemáticas, a miña orientación académica oriéntase cara á investigación social cunha tese sobre teoría de xogos, premio extraordinario de doutoramento, na Universidade de Santiago de Compostela (2002). Na actualidade estou habilitado para profesor Titular de Universidade polo área de Fundamentos da Análise Económica. Desde 2003 son docente no campus de Pontevedra, no Departamento de Estatística e Investigación Operativa. A miña docencia maioritaria está en cursos de grao de estatística e de metodoloxía da investigación, e en cursos de posgrao de técnicas de investigación e de teoría de xogos. Teño publicados un libro docente sobre xogos cooperativos e 35 artigos de investigación en diversas revistas de Economía, Xestión, Investigación Operativa e Ciencias Políticas.

Juan José Vidal Puga

Juan José Vidal Puga

Profesor Titular de Universidade Departamento de Estatística e Investigación Operativa (C05

Tfno: 986 80 20 14

Mail: vidalpuga@uvigo.es

Web: http://vidalpuga.webs.uvigo.es/