Materias no Grao de Dirección e Xestión Pública

  • Gobernos locais
  • Institucións político-administrativas en perspectiva comparada
  • Xestión de documentos e información administrativa

Materias no Grao en Comunicación Audiovisual

  • Ciencia política: Ciencia política

Breve reseña biográfica

Doutor en Dereito Público e Teoría do Estado e Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela; avaliado positivamente como Profesor Contratado Doutor pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

É Profesor Asociado da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, e tamén Profesor-Titor da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED). Na actualidade tamén exerce a avogacía.

Investigador do Observatorio de Gobernanza G3, da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, ten realizado estadías de investigación en Bruxelas, Heidelberg e Oxford, sendo autor de diversas publicacións e estudos.

As súas principais liñas de investigación tratan sobre constitucionalismo e gobernanza multinivel, sistemas electorais, modelos de organización territorial ou a distribución de competencias na Unión Europea.

Fernando Martínez Arribas

Fernando Martínez Arribas

Profesor Asociado Área de Ciencia Política e da Administración