Materias no Grao de Dirección e Xestión Pública

  • Ciencia política: Ciencia da administración e xestión pública

Materias no Máster online en Dirección Pública e Liderado Institucional

  • Innovación Administrativa
  • Auditoría e Avaliación Pública
Decano Comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública
Coordinador académico do Observatorio de Gobernanza G3

Breve reseña biográfica

Enrique José Varela Álvarez, é doutor en “Goberno e administración pública” polo Instituto Universitario de Investigación Ortega y Gasset (Universidade Complutense de Madrid). Na actualidade é decano comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo, onde traballa como profesor contratado do Departamento de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Vigo, con docencia no Grao en Dirección e Xestión Pública e no Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional (ambos de la Universidade de Vigo).

É coordinador académico e investigador do Observatorio da Gobernación G³ (Área de Ciencias Políticas e da Administración), formando parte de diferentes equipos de investigación españois, portugueses e latinoamericanos. (RECOT-España, RECFronteras-México) no campo dos estudos sobre cooperación territorial e transfronteiriza en Europa, España, Portugal e América.

Ao longo da súa vida profesional organizou, dirixiu e participou como docente en actividades de xestión do ámbito público, no que estiveron implicados máis de mil executivos de institucións españolas e latinoamericanas (entre e outros, EGAP-Xunta de Galicia, INAP-Gobierno de España, CNJ e CNR-El Salvador).

Colaborou como investigador en proxectos de investigación competitivos no campo da cooperación para a gobernanza en España e Galicia (urbana e metropolitana), como así como no campo da gobernanza transfronteiriza da Unión Europea e América Latina (CONACYT) durante as dúas últimas décadas, ademais de dous proxectos de Jean Monnet sobre as novas narrativas en Europa.

No campo da transferencia de coñecemento e durante as dúas últimas décadas desenvolveu asistencia técnica e asesoramento profesional para varias entidades sociais e públicas (autonómicas e locais), sobre temas tan diversos como a gobernanza da auga (COXAPO), a gobernanza e a cooperación transfronteiriza (Eixo Atlántico do Noroeste peninsular), a gobernanza metropolitana de Galicia (Xunta), a lei de administración local de Galicia (Xunta), relacións de postos de traballo para distintos concellos de Galicia ou o deseño estratéxico de asociacións sectoriales ye empresariais (ADEN)
Actualmente forma parte do proxecto GAIN-IGSS, Practicum-Direct como investigador senior.

É avaliador do Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (CONACYT, México) e participou na avaliación internacional de proxectos de investigación e académicos en varios países (España, Portugal, México, Colombia).

Enrique José Varela Álvarez

Enrique José Varela Álvarez

Profesor Contratado Doutor de Ciencia Política e da Administración

986 80 20 17
evalvarez@uvigo.es
Skype: enrique.jose.varela.alvarez
Twitter: @cratofobia
Web of Science ResearcherID: K-7409-2017
ORCID: http://orcid.org/0000-0001-9021-0797

web