Materias no grao en Publicidade e RRPP

Teoría e técnica da Imaxe

Materias no grao en Comunicación Audiovisual

Narrativa Audiovisual

Teoría e técnica do Documental

Traballo Fin de Grao

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Diana Ramahí García é Doutora en Comunicación Audiovisual e Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e en Comunicación Audiovisual con premio extraordinario fin de carreira pola Universidade de Vigo, e en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira de investigación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia e Innovación, investigadora visitante en institucións como a Cinémathèque Française (París, Francia) e o British Film Institute (Londres, Reino Unido), e profesora visitante en varias universidades europeas.
Actualmente é profesora a tempo completo no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo e desenvolve a súa actividade docente e investigadora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra, onde tamén ten realizado tarefas de xestión. As súas áreas prioritarias de investigación son a crítica cinematográfica e a análise fílmica.

Diana Ramahí García

Diana Ramahí García

Profesora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Despacho 317
Mail: dianaramahi@gmail.com