Materias no Grao en Publicidade e RRPP

  • Cine e publicidade

Materias no Grao en Comunicación Audiovisual

  • Teoría e técnica cinematográfica
  • Xéneros cinematográficos

Titorías 1º CUADRIMESTRE – Curso 2023-2024

Despacho 309 (Facultade Comunicación)

MARTES: 14.00h – 15.00h

JUEVES: 13.00h – 15.00h

VIERNES: 10.00h – 12.00h / 14.00h – 15.00h

Breve reseña biográfica

Licenciada e Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona (1987 e 1994, respectivamente). Bolseira FPI (UAB, 1990-93). Profesora na UAB, EINA, USC, UdVIGO, desde 1990. Profesora Titular de Universidade en Comunicación Audiovisual e Publicidade (UdVIGO, 1998), con tres Sexenios. A súa investigación céntranse no ámbito do Cinema (narrativa, produción, realización, animación, cine e publicidade, cine publicitario, cine experimental, cine e música, cine de autor/a), con estadías de investigación en diversas Universidades internacionais. Autora de máis de 140 publicacións.

Dirixiu diversas Teses de Doutoramento. Guionista e Directora de Documentais. Membro da Comisión Asesora e Avaliadora das Subvencións ao Audiovisual (Xunta de Galicia) e da Comisión que elaborou o Libro Branco do Sector Audiovisual Galego.

Entre as mencións concedidas destacan “Xornalista de Honra 2010” (outorga a Asociación da Prensa de Vigo, membro da FAPE) e o Premio “Bones práctiques de comunicació no sexista 2012 de Investigación” ao Feminari UAB (Associació de Dones Periodistes de Catalunya). Membro de Paneis de Avaliadores de distintas Axencias de Acreditación.

Anna María Amorós Pons

Anna María Amorós Pons

Profesora Titular Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

amoros@uvigo.gal
986 80 19 99 (19.85)