Materias no Grao en Dirección e Xestión Pública

  • Ciencia política IV: Sistemas políticos español e galego
  • Ciencia política: Sistema político español
  • Ciencia política: Gobernos autonómicos
  • Xestión pública e organización de servizos públicos

Materias no Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional

  • Políticas Públicas. Da Análise do Problema á Implementación
  • Análise Política: Institucións, Actores e Procesos
  • Paradigmas do Cambio Institucional: do Neoinstitucionalismo á Gobernanza

Breve reseña biográfica

Doutor en Dereito Constitucional pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía na mesma Universidade, na actualidade exerce a docencia como Profesor Titular de Ciencia Política e da Administración na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) da que foi o seu primeiro Vicedecano.

O singular fincapé da súa investigación en materias relacionadas con Galicia é un reflexo do seu compromiso social e do seu ideario, ao igual que a súa participación en diferentes espazos de construcción da sociedade civil e da identidade galegas, por exemplo como fundador e membro da Xunta Reitora da Fundación Alexandre Bóveda, redactor das Bases do Foro do Novo Estatuto, membro da Comisión Técnica de Dereito Galego no Consello da Cultura Galega, colaborador de revistas de pensamento e debate como Grial, Análise Empresarial, Tempos Novos, etc., das distintas enciclopedias elaboradas en Galicia e de diferentes xornais e outros medios de comunicación social galegos; organizador de congresos, seminarios, masters e simposios de diversa índole, etc. Asemade, é membro de sociedades científicas españolas e estranxeiras e de diversos consellos de redacción editoriais. Recibiu premios de investigación como o da Deputación de Pontevedra, o Alexandre Bóveda ou a Insignia de Ouro da UNED da súa cidade natal, ademais do xornalístico do centenario da Cámara de Comercio de Pontevedra e o nomeamento como Xuíz Honorario do Couto Mixto.

Álvaro Xosé López Mira

Profesor Titular de Universidade