Materias no grao en Publicidade e RRPP

Historia da Propaganda e da Publicidade

Materias no grao en Comunicación Audiovisual

Propaganda en Medios Audiovisuais

Podes consultar as miñas tutorías aquí

Breve reseña biográfica

Xornalista, doutor en Ciencias da Información (con mención Doctor Europeus) pola Universidad Complutense de Madrid e doutor en Historia (con premio extraordinario) pola UNED. Dende 1999, é Profesor Titular de Historia da Propaganda na Universidade de Vigo. Entre outras universidades, foi profesor visitante en Harvard University, UC Berkeley, Universidade de Lisboa, Coimbra, Roma, Burdeos, La Habana, PUC-Porto Alegre, UFBA- Salvador de Bahia, Autónoma de Barcelona e Málaga. En 2013 (Fall semester), foi “Visiting Distinguished Professor” do Hélio & Amélia Pedroso/Luso-American Foundation Endowed Chair in Portuguese Studies da University of Massachusetts Dartmouth, e en 2017 (Spring semester) exerceu como FLAD/Brown Michael Teague Visiting Professor in Portuguese and Brazilian Studies na Universidade de Brown (Providence, EE.UU.) Actualmente, é investigador integrado do Centro de Estudos Interdisciplinares do Século XX (CEIS 20) da Universidade de Coimbra e ponente da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación del Consello da Cultura Galega.

As súas liñas de investigación estudan, de forma interdisciplinar, aspectos relacionados co fascismo/anti-fascismo ibérico, a Guerra Civil española, o fenómeno da prensa inmigrante e a análise xeral do discurso histórico da propaganda e a publicidade. Entre as súas obras más recentes, están: Salazar y Franco. La alianza del fascismo ibérico contra la España republicana: diplomacia, prensa y propaganda (Gijón, 2017), A cultura do poder. A propaganda nos Estados autoritarios (ed. con Heloisa Paulo, Coimbra, 2016), Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores (coord. con Mário Mesquita e Paula Vicente, Santiago de Compostela, 2015) e A Guerra da Propaganda: Portugal, Brasil e a Guerra Civil de Espanha (Porto Alegre, 2014). De próxima publicación: News on the American Dream. A History of the Portuguese Ethnic Press in the United States of America (University Press of New England) e Salazar y el fascismo español. Propaganda franquista y salazarista en la colonia española en Portugal (1933-1940) (Coimbra University Press). Dende 2014, trabalha nunha liña de pesquisa sobre a propaganda salazarista e anti- salazarista en Norteamérica, asociado ó proxecto internacional Atlantic Crossings: Webs of Migration. Culture and Politics between Europe, Africa, and the Americas, 1800-2010, dirixido polo Prof. J. C. Moya, director do Institute of Latin American Studies at Columbia University. É membro do comité científico das seguintes redes ou entidades científicas: Association Press, Imprimés e Lectures dans l’Aire Romane, Associação de Investigadores da Imagem em Movimento, Rede de Estudo dos Autoritarismos, Fascismos e Transições Democráticas, Centro de Investigação de Ciência Politica, Relações Internacionais e Segurança e Rede de Estudo Migrações e Exilios. Asemade, forma parte do consello editorial das seguintes revistas académicas: Revista de História da Mídia (São Paulo), Media & Jornalismo (Lisboa), Área Abierta (Madrid), Revista Internacional de Historia de la Comunicación (Sevilla), Famecos: Mídia, Cultura e Tecnologia (Porto Alegre), Pauta Geral: Estudos de Jornalismo e Revista Internacional de Folkcomunicação (Ponta Grossa). Ten sido avaliador científico do Ministerio de Economía y Competitividad e da Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva en varias convocatorias oficiais de proxectos I+D, así como revisor de manuscritos para revistas académicas de impacto, como a European Review of History, Media History, Communication & Society e Hispania: Revista Española de Historia.

Foi presidente e vicepresidente da Asociación de Historiadores de la Comunicación (2004-2010), decano (dous mandatos: 2000-03 e 2006-09), vicedecano e secretario académico (1996- 00) e coordinador da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade (2003-06). No eido profesional, traballou como corresponsal e delegado de Televisión Española en Ourense (1994-95) e de El Correo Gallego en Madrid (1992-93), así como xornalista do Diario 16 de Galicia (1991-92), a productora Pórtico (1993-95) e analista informativo da Radio Galega (2003-09). Como xornalista, tamén participou na East Timor International Peace Mission (1991-92). Recibiu varias dintincións académicas e profesionais, entre elas o Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego (2010) e o Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais da Deputación de Pontevedra (1998).

Alberto Pena Rodríguez

Alberto Pena Rodríguez

Profesor Titular de Universidade

Mail: alberto@uvigo.es