Materias no grao en Publicidade e RRPP

Teoría e práctica da comunicación televisiva

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Doutor en Publicidade e Relacións Públicas e Profesor Contratado Doutor no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Desenvolve a súa actividade docente e investigadora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra onde tamén ten realizado tarefas de xestión como Secretario de Facultade e Vicedecano de Calidade e Docencia.

Na súa vertente investigadora está especializado en publicidade, contidos televisivos e nas súas interseccións e vías de explotación futura a través de pantallas alternativas. En torno a estes temas de investigación ten sido convidado a participar como ponente ou autor en obras colectivas por institucións coma o Consello Asesor de RTVE en Galicia, a Compañía de Radio Televisión de Galicia, a Universidade Nacional de Educación a Distancia, a Universidade Lusófona de Lisboa ou o Consello da Cultura Galega.

É membro fundador da asociación de profesionais da publicidade en Galicia Creatividade Galega e editor do seu anuario de 2006 a 2011.

Alberto Dafonte Gómez

Alberto Dafonte Gómez

Profesor Contratado Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Mail: albertodafonte@uvigo.es