En primeiro lugar darche a benvida ao campus de Pontevedra. Esta páxina ten como obxectivo facilitar a túa integración na vida universitaria máis aló das clases. Para iso dámosche acceso a 5 áreas de interese para todo o alumnado da Uvigo e especificamente do Campus de Pontevedra

 

Ben estar, saúde e deporte

O programa de actividades da Área de Benestar, Saúde e Deporte para o curso 2018-2019 continúa na liña da orientación cara a actividades físicas saudables, o deporte para todos e todas e o exercicio físico como fonte de diversión e de gozo do tempo de lecer.

+ Infohttps://www.deportes.uvigo.es/Actividades/

Actividades Culturais e extensión universitaria

A Extensión Universitaria abrangue as actividades de proxección da Universidade na vida cultural e deportiva; atención a diversidade, voluntariado e asociación universitarias; aloxamento e atención e información á comunidade universitaria; organización, realización e seguimento dos cursos eobradoiros de extensión universitaria; normativa e validación de créditos de libre elección e ECTS e tamén o Programa para Maiores.

+info: http://campuspontevedra.uvigo.es/index.php?id=17

 

Biblioteca Central do Campus de Pontevedra

Biblioteca da Universidade de Vigo xestiona e pon a disposición da comunidade universitaria un conxunto de servizos e de recursos de información  como apoio  ao aprendizaxe, a docencia e a investigación.

A biblioteca da FCSC e moito máis que un lugar de estudo. O persoal da biblioteca pódeche axudar a encontrar fontes de información que melloren os teus resultados académicos. Visítaa e descobre os seus fondos audiovisuais, coleccións de comics… e moito máis

+ info: https://www.biblioteca.uvigo.es/biblioteca_gl/

Unidade de Igualdade

A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo constitúe o instrumento político responsable da incorporación transversal do principio de igualdade efectiva entre os homes e as mulleres en todos os ámbitos da comunidade universitaria

Presentación (link)

+info: https://www.uvigo.gal/uvigo_es/administracion/igualdade/

 

 

Centro de Linguas

O Centro de Linguas nace no ano 2004 para promover e desenvolver actividades de formación en linguas modernas, atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e da súa contorna próxima.

Tras estes 10 anos de experiencia, o CdL é hoxe un referente no ensino de linguas e na acreditación de nivel de idioma, estando certificados polas entidades de acreditación máis recoñecidas (Instituto Cervantes, ACLES, TOEFL, etc).

Presentación (link)

+ infohttp://cdl.uvigo.es/index.php?idioma=gl