Actualizado (Lunes, 05 de Julio de 2010 13:50) Escrito por Anna Amorós Pons
Título: "Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais"
Modalidade: Máster Profesionalizante
Área: Comunicación Audiovisual e Publicidade
60
Centro de adscripción:
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Obxectivos:
1. Formar profesionais especializados que, en consonancia coa crecente demanda laboral e a expansión do sector audiovisual no noso país e nas restantes nacións da Unión Europea, poidan desenvolver óptimamente as tareas de guionista/editor de guións/diseñador de proxectos de guión nos distintos medios audiovisuais convencionais e multimedia con un alto grado de capacidade para presentar adecuadamente memorias de proxectos de guión e para xestionar a comercialización, venta e distribución de contidos.
2. Potenciar a capacidade de creación do estudiante de posgrado en diferentes medios e soportes audiovisuais, sendo capaz de desenvolver a súa especialización no campo do guión para os ámbitos do cine, a televisión e os entornos multimedia, desde os perfiles teórico, analítico, técnico e artístico.
3. Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación ó feito audiovisual, con un coñecemento teórico, técnico e estético das formas, procesos e tendencias na creación de contidos audiovisuais.
4. Adquirir un coñecemento especializado dos mecanismos narrativos, as técnicas e os procesos presentes na elaboración e desenvolvemento de contidos audiovisuais.
5. Adquirir unha formación especializada de cara á creación e innovación de contidos nos novos entornos tecnolóxicos interactivos.
Descripción da planificación docente:
42 créditos de materias obrigatorias.
12 créditos de Proxecto de Fin de Máster.
Perfil de ingreso:
Apostamos por un tipo de alumnado interesado e con unha predisposición a:
a) ampliar os seus coñecementos no ámbito do audiovisual
b) na análise de guións
d) a desgranar os relatos audiovisuais e a estructura narrativa que os configuran
Coordinadora:
Ana María Amorós Pons
986 80 19 85