Posgrao Doutoramento en Investigación en Comunicación

29/07/2010 PDFVersión PDF   ImprimirImprimir   E-mailEnviar

Doutoramento en Investigación en Comunicación

Título con carácter oficial do Doutoramento en Investigación en Comunicación. Aprobado polo Consello de Universidades (Ministerio de Educación) BOE 27 de abril de 2010 (PDF)

Descrición dos criterios para a dirección de tese e traballos.

Todos os profesores do Máster poderán dirixir teses doutorais e traballos.

Os alumnos do doutoramento poderán facer a tese doutoral con calquera profesor do persoal de profesorado do Máster ou con calquera doutor dunha universidade sempre que o seu proxecto sexa aprobado pola comisión académica do Máster. Se o director non é profesor do persoal do Máster da Universidade de Vigo, terá un codirector.

O alumno ha de presentar un proxecto de tese no que conste un director. Ese proxecto ha de ser aprobado pola Comisión Académica do Máster. Valorarase a adecuación do proxecto coas liñas de investigación do director proposto.

Documentos relacionados