Actualizado (Lunes, 24 de Octubre de 2011 20:52) Escrito por María Montserrat Doval Avendaño
O Máster Universitario de Investigación en Comunicación (acceso a web propia) obtivo a o recoñecemento da Dirección Xeral de Política Universitaria, Secretaría Xeral de Universidades, Ministerio de Educación e foi verificado pola ANECA o 25 de xuño de 2009.
COMISIÓN ACADÉMICA
Presidente
Coordinadora do Máster Dra. Mercedes Román Portas
Secretaria
Un membro da Comisión de Garantía de Calidade
Catro vocais con docencia no Máster
Modalidad de ensinanza: Semipresencial
Réxime de estudio: Tempo completo.
Requisitos para o acceso
1. Para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será preciso estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espacio Europeo de Educación Superior que faculte no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
2. Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ó Espacio Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidad de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente ós correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de postgrado. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar as ensinanzas de Máster.
Admisións
A Comisión Académica decide as admisións ata un límite de 20 prazas. Non se impoñen requisitos de admisión pero habilítase un protocolo de selección de estudiantes cos seguintes criterios de valoración:
Non se admite a matrícula parcial neste Máster. Para o acceso e admisión dos estudiantes seguiranse os procedementos PC-04 (definición de perfís e selección de estudiantes) e PC-05 (orientación de estudiantes) do Sistema de Garantía de Calidade da Facultade.
Obxectivos xerais
Formación de investigadores e docentes universitarios no eido da comunicación. Preténdese a transmisión dos avances científicos en cada un dos sectores que son campos de investigación dos doctores que impartirán o máster. Requisito para completar estudos de doutoramento.
Obxectivos específicos
Facilitar ó alumnado a aprendizaxe de técnicas especializadas. Desenvolver as súas capacidades investigadoras no eido da comunicación e das organizacións.
Procurar o perfeccionamento profesional de graduados e graduadas universitarias, coa colaboración de expertos de outras universidades para diversificar as perspectivas e enfoques formativos.
Condicións de expedición do título
Aproveitamento óptimo dos 60 ECTS obligatorios.