Futuros alumnos

Futuros alumnos

Xornadas de Acollida CSC 2011-12

Atención, abrir en una nueva ventana. PDFImprimirE-mail

Actualizado (Domingo, 04 de Septiembre de 2011 20:27) Escrito por Admin

Viernes, 02 de Septiembre de 2011 09:34


A facultade dá a benvida aos novos alumnos que comezarán este ano a súa formación universitaria. Durante os días 5 e 6 de Setembro, terán lugar unha serie de charlas informativas sobre os aspectos máis interesantes ou descoñecidos para os recentemente chegados, co obxecto de facilitar a adaptación ao novo ambiente e actividades que terán lugar na facultade ao longo do curso.

 

Luns 5 de setembro


1. Presentación da titulación e dos seus módulos e competencias a cargo dos Coordinadores (os de módulo poderán presentar brevemente as súas materias, obxectivos e competencias)

  • Publicidade e Relacións Públicas - Luns ás 10 horas- Aula 1 (todos os alumnos)
  • Comunicación Audiovisual - Luns ás 10 horas en Aula 3 (todos os alumnos)
  • Xestión e Administración Pública- Luns  ás 16 horas na Aula 1 (todos os alumnos).

2. Os coordinadores de grao pasarán a enquisa sobre orixe de información do grao para calidade.


O resto da mañá presentarán as materias os profesores (pódense adiantar a esta mañá presentacións de materias ocupadas en días seguintes pola recepción de novo alumnado)


Martes 6 de setembro


Presentación no Salón de Actos ás 10 da mañá para todos os alumnos de primeiro do equipo decanal e algúns criterios de funcionamento e seguridade no centro.


O resto da mañá presentaranse as materias correspondentes ao segundo día de curso agás aquelas que ocupe a introducción ao servizo de documentación e a biblioteca segundo o calendario e contidos que se detallan a continuación.

1. Introducción ao servizo de documentación e a biblioteca

11,00 h-12,30 h

12,30 h-14 h

16 h-18h

Martes 6 setembro

C.Audiovisual Grupo-I

Aula informática 2

C.Audiovisual   Grupo-II

Aula informática 2

Dir e Xestión Pub

Grupo-I

Aula informática 2

Mércores 7 setembro

Publicidade e RP

Grupo-I

Aula informática 2

Publicidade e RP

Grupo-II

Aula informática 2

Dir e Xestión Pub

Grupo-II

Aula informática 2

Xoves 8 setembro

Publicidade e RP

Grupo-III

Aula informática 2

Publicidade e RP

Grupo-IV

Aula informática 2

CONTIDOS:

  • A Biblioteca Universitaria de Vigo: Localización e horarios
  • A Carta de lector.
  • A web da BUV. O catálogo “Perseo”.
  • Tipos de materiais e a súa localización : A clasificación
  • Préstamo: procedemento e normativa.
  • Xestión da Conta de usuario. Renovación e reserva de documentos.
  • O correo-e da uvigo ,conexión wifi, ordenadores de información.
  • Uso coidadoso e responsable da Biblioteca.

PROGRAMACIÓN :

A formación constará de 2 partes:

Na primeira parte, na Sala de Informática, unha breve exposición teórica onde se presentarán os servizos e recursos da Biblioteca. Deseguido os alumnos farán unha serie de prácticas de buscas básicas no Catálogo, para familiarizarse co seu manexo.

Na segunda parte, xa na propia Biblioteca, os alumnos familiarizaranse cos espazos e a organización da colección, experimentando directamente a busca de documentos no catálogo e a súa localización física na colección, asemade coñeceran de primeira man o servizo de préstamo.