Actualizado (Martes, 31 de Enero de 2012 20:12) Escrito por Daniel Martí Pellón
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Duración mínima: 4 anos.
Prazas: 40 (Campus de Pontevedra)
Linguas empregadas: castelán e galego
Sitio web: www.gradodireccionygestionpublica.com
A principal fortaleza do Grao en Dirección e Xestión Pública é o seu carácter multidisciplinar ao combinar as seguintes áreas de coñecemento: Ciencia Política e da Administración, Contabilidade, Dereito, Economía, Empresa, Estatística, Informática, Mercadotecnia e Socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos, o Grao orienta aos alumnos/as dun xeito integral cara a dirección e xestión das organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación estreita coa Administración. Ademais é de salientar a existencia de:
A estrutura do plano configurouse en torno aos seguintes perfís dos futuros graduados en Dirección e Xestión Administrativa:
En función deste perfís, as saídas profesionais do Grao en Dirección e Xestión Pública están dirixidas ó ámbito público –Administracións Públicas estatais, autonómicas e locais-, ben de xeito directo (funcionario ou persoal laboral, previa superación das probas oportunas), ben de xeito indirecto como técnicos de servizos para estas administracións ou outras organizacións tales como Mancomunidades, Comarcas ou Consorcios. Tamén no ámbito privado o graduado en Dirección e Xestión Pública pode acceder a postos de traballo en empresas (asesorías e consultoras) en ONGs ou en fundacións.
Profesor coordinador e responsable de Grao: Celso Cancela Outela
Coordinador de módulo Dirección Pública: Enrique Varela Álvarez
Coordinador de módulo Xestión Pública: Xosé Mahou Lago
Coordinador de módulo Contexto e Sistema: Patricia Valcárcel Fernández
Coordinador de módulo Prácticas Externas: Enrique Varela Álvarez
Máis información na páxina web do Grao en Dirección e Xestión Pública.