Actualizado (Lunes, 20 de Diciembre de 2010 22:57) Escrito por Xosé María Mahou Lago
Acceso | Materias e profesorado | Plan de estudios | Tabla de convalidacións | Titores Grao | Acceso a Grao para Diplomados en Administración Pública | Exames 2010 -11 | Horarios 2010 - 11 | Guías Docentes
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Duración mínima: 4 anos.
Prazas: 40 (Campus de Pontevedra)
Linguas empregadas: castelán e galego
A principal fortaleza do Grao en Dirección e Xestión Pública é o seu carácter multidisciplinar ao combinar as seguintes áreas de coñecemento: Ciencia Política e da Administración, Contabilidade, Dereito, Economía, Empresa, Estatística, Informática, Mercadotecnia e Socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos, o Grao orienta aos alumnos/as dun xeito integral cara a dirección e xestión das organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación estreita coa Administración. Ademais é de salientar a existencia de:
Os obxectivos xerais do Grao en Dirección e Xestión Pública son:
Perfís do egresados
A estrutura do plano configurouse en torno aos seguintes perfís dos futuros graduados en Dirección e Xestión Administrativa:
Saídas profesionais
En función deste perfís, as saídas profesionais do Grao en Dirección e Xestión Pública están dirixidas ó ámbito público –Administracións Públicas estatais, autonómicas e locais-, ben de xeito directo (funcionario ou persoal laboral, previa superación das probas oportunas), ben de xeito indirecto como técnicos de servizos para estas administracións ou outras organizacións tales como Mancomunidades, Comarcas ou Consorcios. Tamén no ámbito privado o graduado en Dirección e Xestión Pública pode acceder a postos de traballo en empresas (asesorías e consultoras) en ONGs ou en fundacións.