Martes, 15 de Mayo de 2012 16:08
O Espazo Europeo de Educación Superior propiciou o inicio dunha nova titulación na Universidade de Vigo, única no Sistema Universitario de galego e español: Grao en Dirección e Xestión Pública.
Este é o motivo polo cal a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación se decidiu organizar anualmente un obradoiro de saídas profesionais cun dobre obxectivo: dunha banda, coñecer as ferramentas básicas para unha busca activa de emprego; e doutra banda, amosar certos elementos de empregabilidade a través de profesionais relacionados coa xestión pública e administrativa que tratarán sobre a forma de acceso ás diferentes organización públicas e privadas, os perfís profesionais demandados e algunhas das tarefas que realizan.

O programa desta actividade inclúe unha sesión dedicada á busca activa de emprego, con temáticas como a elaboración de cv e cartas de presentación ou as entrevistas de traballo. A outra sesión céntrase na busca de emprego nas redes sociais, coma Linkedin, e en coñecer aos teus empregados e en darte a coñecer.
Este obradoiro é unha iniciativa que busca espazos de encontro entre a preparación académica e as necesidades do mundo empresarial, de tal xeito que os alumnos aprendan as posibles situacións que se van atopar na súa saída ao mercado laboral.
Martes, 15 de Mayo de 2012 15:53
O Catedrático de Ciencia Política da Universidade de Berkeley, David Kirp, ex asesor do Presidente Barack Obama en materia de educación foi convidado pola Área de Ciencia Política e da Administración e polo Consello Social da Universidade de Vigo a impartir unha conferencia sobre o futuro político dos Estados Unidos e a participar nun seminario sobre liderado, no marco do Grao de Dirección e Xestión Pública.
A conferencia desenvolveuse baixo o título “¿Quen vai ser o vindeiro presidente de Estados Unidos?...¿Por que é tan importante?”, na que o profesor americano expuxo a súa reflexión sobre as eleccións estadounidenses, que terán lugar no mes de novembro.
Ademais, os investigadore da Area de Ciencia Política e da Administración da universidade de Vigo e os alumnos do Posgrao en Dirección Pública e Liderado Institucional participaron nun seminario co profesor Kirp sobre o poder e as políticas públicas.
Como experto en políticas de educación, para David Kirp os recortes dos gobernos neste eido suponen “hipotecar o noso futuro”.

Martes, 15 de Mayo de 2012 10:23
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación organiza o mércores, 16 de maio, de 10.10 a 20.30 h. a Resaca das Letras, co gallo da celebración do 17 de Maio, Día das Letras Galegas.
As actividades máis destacadas no programa pola mañá son o Documental “Viaxe ao país de Celso Emilio” e a mesa redonda “Os medios do galego: sobre o papel e os díxitos da Internet”, na que participarán os medios dixitais máis importantes do país escritos na nosa lingua.
Pola tarde, destaca a conferencia de “50 anos de Letras Galegas”, impartida por Xesús Alonso Montero; o concerto “Re-voltando ao País dos Ananos” e o diálogo “Eu penso que este mundo é moi fecundo”, entre Henrique Monteagudo e Xosé Manuel Beiras. A gala rematará co concerto “Musicando a Celso Emilio Ferreiro”, a cargo de Luis Emilio Batallán.
Hai que lembrar que a RAG festexa os 50 anos do primeiro Día das Letras Galegas adicando a edición deste ano a Valentín Paz Andrade, que coincide co centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.

Miércoles, 02 de Mayo de 2012 09:42
Los alumnos de cuarto y de otros cursos de Publicidad y Relaciones Públicas agradecen a los ponentes de DirCom Galicia su disponibilidad y la sinceridad con que contestaron a sus preguntas profesionales durante las conferencias coloquio de los días 24, 25 y 26 de abril de 2012 en las jornadas de la patrona de la comunicación Santa Catalina de Siena, vulgo Cultu-Kata. Para quienes no pudieron asistir y quienes quieren recordar sus propuestas de nuevos perfiles profesionales y compromiso con la comunicación de las organizaciones en Galicia se enlazan algunas de las presentaciones que guiaron las conversaciones. Que aprovechen.
Martes 24 abril 2012
10 horas: Presentación de las jornadas y conferencia inaugural a cargo de Amalia Baltar Estévez, presidenta de DirCom Galicia y dircom Gas Natural-Fenosa: Comunicación de proximidad y relaciones con grupos de interés (ver presentación en pps).
12 horas: Lito García Abad, de Com-Unica.es : lobbying una profesión emergente (presentación)

Página 1 de 9