Encontro con EgresadAs na FCSC

Encontro con EgresadAs na FCSC

Pregúntalles o que queras ás túas ex-compañeiras de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Dirección e Xestión Pública.

O mércores 21 ás 12:00h no Hall do Salón de Actos.

Egresadas-01

Concurso de Fotografía e Vídeo ‘Imaxes con Fondo’

Concurso de Fotografía e Vídeo ‘Imaxes con Fondo’

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de lanzar o III Concurso de Fotografía e Vídeo ‘Imaxes con Fondo que, atendendo ao actual contexto internacional, marcado polas migracións e o desprazamento de persoas refuxiadas, convida a reflexionar sobre a interculturalidade.

En cada unha das seccións (fotografía e vídeo) establécense á súa vez dúas categorías, cos seguintes premios:

Categoría xuvenil: dos 14 aos 17 anos

  1. 1º Cámara de fotografía e vídeo.
  2. 2º Cesta de produtos de comercio xusto.
  3. 3º Lote de películas de temática social.

Categoría adulta: dos 18 anos en adiante

  1. 1º Viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico/audiovisual.
  2. 2º Cesta de produtos de comercio xusto.
  3. 3º Lote de películas de temática social.imaxesconfondo2016
Stage de Creatividade Gestmusic Endemol

Stage de Creatividade Gestmusic Endemol

En Gestmusic Endemol están a levar a cabo un proceso de selección para atopar 15 finalistas en todo o país para participar nun Stage de Creatividade.

Os escollidos, despois de pasar as fases de selección especificadas no anexo, reuniranse ao longo dunha fin de semana con Tinet Rubira, Director de Gestmusic Endemol Shine Iberia e recoñecido creador e director de programes de televisión, así como con outros creativos da produtora.

O obxectivo é descubrir novos talentos para o futuro e coñecer aos novos creativos do audiovisual e a televisión en xeral, sobre todo no ámbito dos formatos televisivos. O stage farase en Barcelona nun hotel con cargo a Gestmusic.

O proceso de selección será o seguinte:

  1. Inscribirse en creatividad@gestmusic.es (sen este paso, esquécete do resto!!!) 
  2. Responder un cuestionario que se enviará a todos los candidatos. (1ª fase de selección).
  3. Resolver un exercicio sobre creatividade que se planteará (2ª fase)
  4. Entrevista personal, chegado o momento (3ª fase)
  5. Ao final do proceso lístanse os 15 finalistas e convócase o stage enfocado a detectar novos valores profesionais.

 

 

FICBUEU 2016. Concurso Curtas de escola e xornada de actividades para os estudantes

FICBUEU 2016. Concurso Curtas de escola e xornada de actividades para os estudantes

CONCURSO DE CURTAS DE ESCOLA.

Para participar é preciso cubrir unha folla de inscrición por cada unha das curtas participantes e enviala a seguinte dirección, info@ficbueu.com, así como o envío da curta en formato dixital,  (data  límite 1 de xullo).

Consulta toda a información respecto a este apartado esta nas bases adxuntas.

A mellor curta do concurso será premiada con 250€ (farase entrega do premio á escola da que proceda a curta).

XORNADA DE ACTIVIDADES PARA OS ESTUDANTES.

ficbeu2016programa

A inscrición é de carácter individual (aforo limitado), é preciso enviar a ficha de inscrición  á dirección info@ficbueu.com.