Qué é o TFG: É un traballo persoal que cada estudante realizará de xeito autónomo baixo as orientacións dun/dunha titor/a académico/a. Poderá revestir una orientación teórica ou práctica.

Procedemento: o procedemento de aprobación de propostas temáticas e asignación de titores contémplase no regulamento de TFG da Facultade de Comunicación.

Defensa do TFG: o TFG poderá defenderse nas convocatorias de maio ou xullo, así como na convocatoria extraordinaria de fin de carreira. O acto de presentación pública realizarase ante un tribunal conformado por profesores do Grao e nel o estudante deberá presentar un resumo do seu traballo, sobre os que os integrantes do tribunal poderán realizar as observacións que consideren oportunas e que o alumno/a poderá responder.

Calendario xeral de TFG e TFM para o curso 2023/2024 (CAV)

Calendario xeral de TFG e TFM para o curso 2023/2024 (PRP)

Cada titulación especificará as datas concretas de solicitude e defensa dentro deste marco.

O alumnado continuará tendo as dúas oportunidades para a defensa do seu TFG ou TFM incluídas na matrícula:

  • 1ª oportunidade: defensa no mes de xuño.
  • 2ª oportunidade (para alumnado que non defendeu na primeira oportunidade ou que obtivo a cualificación de suspenso): defensa no mes de xullo ou no mes de setembro.

Como norma xeral, o alumnado que se presente á segunda oportunidade defenderá o seu traballo no mes de xullo.

Cando o alumnado acredite a imposibilidade de desenvolver axeitadamente o seu proxecto como consecuencia da situación de excepcionalidade que se produce polo peche dos centros (por exemplo, por falta de acceso a material técnico), poderá solicitar ao seu titor/titora a entrega e defensa do traballo no mes de setembro.

O titor ou titora que considere que se cumpren as condicións para pospoñer a entrega e defensa ao mes de setembro, trasladará á coordinación de TFG / TFM correspondente, nas datas que esta indique, a solicitude de defensa en setembro, cun informe que xustifique a dificultade para presentar e defender o traballo en xullo.

A Comisión Académica de cada Grao ou Máster ou a persoa coordinadora de TFG ou TFM analizará as solicitudes e valorará a súa aprobación.

Avaliación: Neste punto o tribunal rexerase polo disposto nas Normas de Xestión Académica para as Titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007 (actualizado o 3 de xuño de 2016).