Xustificación

No momento actual, as organizacións públicas deben desenvolver as súas funcións e procurar os seus obxectivos nun entorno cambiante, globalizado e interdependente, presidido por lóxicas e dinámicas horizontais (gobernanza) que se alonxan dos tradicionais esquemas estatais marcados pola verticalidade e a nítida e tallante separación entre o privado e público.

En Europa, e máis concretamente, na Unión Europea a intensidade destas dinámicas é aínda máis acentuada. Así, calquera actuación pública pode implicar a presenza a entidades públicas (multinivel) e privadas (actúan en estreita relación coas primeiras esvaendo a fronteira entre o público e privado).

Así, dunha parte, a existencia dun tupido entramado político-administrativo europeo, estatal, autonómico e local reclama unha formación superior con novos perfís profesionais asentados no concepto da dirección pública. Este concepto foi desarrollado, tanto a escala nacional como internacional, en disciplinas das Ciencias Sociais: Ciencia Política e da Administración, Socioloxía, Economía ou Dereito. Coa introdución do concepto de “Dirección” incorpórase un novo valor de actuación do público e para o público en entornos post-burocráticos. Pola súa banda, o concepto de xestión responde a unha visión máis ampla de administración pública: como actor político, como suxeito de dereito e como executor de políticas públicas.

En conexión co anterior, tamén é preciso subliñar que a “Dirección e a xestión Pública” ten acomodo nos ámbitos das empresas e entidades privadas que prestan servizos para as Administracións Públicas (outsourcing), para o sector empresarial público, ou para as organizacións do Terceiro Sector que participan na prestación de políticas e servizos públicos (partenariado público-privado).

Xa que logo, traballar nestes entornos, complexos e cambiantes, esixe dispor dunha formación académica ampla e polivalente que posibilite a adaptación profesional e formación permanente. Unha formación universitaria que debe tratar de satisfacer estas necesidades, aportando valores (compromiso social, ética pública) e técnicas de xestión de problemas, negociación, análise do entorno…

Con esta intención foi concibido e implantado o Grao en Dirección e Xestión Pública en substitución da Diplomatura de Gestión y Administración Pública (impartida na Universidade de Vigo entre 1999 y 2009). É unha titulación única no sistema universitario galego (con denominacións semellantes, impártese en máis dunha decena de universidades españolas) que aspira a ser referente en materia de formación de empregados públicos e directivos das institucións públicas.

O Grao en Dirección e Xestión Pública é unha titulación única no sistema universitario galego (con denominacións semellantes, impártese en máis dunha decena de universidades españolas) que é un referente en materia de formación de empregados públicos e directivos das institucións públicas. A tal fin conta cun cadro de profesorado doutor, con experiencia docente e profesional, que participa en redes de investigación nacionais e internacionales e traballa para proxectos das institucións públicas galegas e internacionais.