Planificación das ensinanzas

O Grao en Dirección e Xestión Pública está estruturado sobre a base de 4 cursos académicos que permiten cursar os 240 ECTS a superar polo estudante de acordo co Plano de Estudos.

Estes ECTS son de tres tipos: básicos (60), obrigatorios (144) e optativos (36). Entre os obrigatorios compútanse os 12 ECTS correspondentes ao Traballo Fin de Grao (TFG) que elaborará no 4º curso baixo a titorización dun profesor/a.

O Grao consta de tres  módulos bási  cos nos que integran as diferentes materias:

  • Módulo: Contexto e sistema
  • Módulo: Xestión pública
  • Módulo: Dirección pública

As materias corresponden a diversas áreas de coñecemento: Ciencia política e da Administración, Dereito público, Economía aplica da, Organización de empresa, Socioloxía, etc.

O estudios están organizados en dous semestres que seguen o disposto no calendario académico aprobado pola Universidade de Vigo. O primeiro comeza a principios de setembro e finaliza en decembro e o segundo abarca dende xaneiro a maio. A finais de xuño e comezos de xullo está contemplada unha convocatoria de exames.